Comunicado da CGT a todos os medios de comunicación sobre o acordo asinado polos comités de empresa de Bernardo Alfageme SA en presencia do representante do IGAPE e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia na reunión do 28-10-2009
1) Cos únicos votos en contra do Sindicato CGT e do voto persoal de 63 traballadores e traballadoras de Vigo (a maioría dos que participaron no ‘referendo"), aprobouse o Plan de Viabilidade elaborado pola empresa, que prevé, entre outras cousas, o peche dos centros de Vigo e o Grove, a perda de 64 postos de traballo e o traslado da plantilla restante de estes centros a Vilaxoán e Ribadumia.
2) Ningún outro sindicato dos presentes (CIG, UGT e CC.OO) e ningún dos Comités de empresa votou en contra do Plan de Viabilidade. Non o fixo o Comité de Empresa de Ribadumia (3 representantes de CIG), nin o do Grove (3 representantes de CC.OO), nin o de Vilaxoán (2 de CGT, 2 de CC.OO e 1 de CIG). Tampouco o fixo o Comité de empresa de Vigo, nin colectiva, nin parcialmente. Tal como recolle fielmente o acta da reunión, este Comité de 9 membros (5 da CIG e 4 da UGT), non manifestou o seu voto, xa que de respectar a votación en referendo dos seus representados, o "Non" ó Plan de Viabilidade resultaría maioritario na representación de toda a empresa.
3) Como resultado da aplicación do Plan de Viabilidade, tal e como recolle a documentación anexa ó acordo, os beneficios obtidos pola venta de activos da empresa (solares e concesións de Vigo e O Grove) irán destinados á "reducción da débeda bancaria" e non á mellora industrial, tecnolóxica e comercial e ó afianzamento da empresa.
4) Neste sentido, a CGT, que xa non pode evitar o peche dos centros de Vigo e O Grove nin o traslado de plantillas, esixirá a redacción dun Plan para Bernardo Alfageme, dirixido á actividade industrial da conserva e non a intereses inmobiliarios, bancarios ou de outro tipo.
Fdo: Miguel Ángel Cuña
Secretario xeral de CGT-Pontevedra e Arousa