CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/ultima-hora-o-peche-das-traballadoras-de-alfageme-continua/ Export date: Thu May 1 2:25:26 2025 / +0000 GMT |
Última hora: o peche das traballadoras de Alfageme continúaComo anunciou onte a representación das traballdoras de Alfageme, hoxe continúan as mobilizacións da plantilla  en defensa dos seus postos de traballo e da continuidade  da actividade industrial conserveira na comarca de Arousa. Hoxe decidiron, coa participación da CGT, trasladar o seu encerro á sede da Consellería de Economía e Industria, en San Caetano. O obxectivo desta mobilización é a de esixir a presenza dun responsable do goberno galego ao máximo nivel para que dea explicacións sobre a paralisación do acordo asinado pola Xunta e todas as partes implicadas hai un ano e que garantía a reanudación da actividade produtiva das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia. Para a CGT, non se pode desvincular o pagamento dos avais por 33 millóns de euros aos bancos do inicio inmediato  da produción das dúas fábricas, posto que se se fai así significaría que a Xunta se faría dona dos terreos para especular con eles e non para a actividade conserveira. |
Post date: 2012-08-02 10:40:45 Post date GMT: 2012-08-02 09:40:45 Post modified date: 2012-08-02 10:40:52 Post modified date GMT: 2012-08-02 09:40:52 |
Export date: Thu May 1 2:25:26 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |