CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/traballadorxs-das-pontes-temos-que-recuperar-a-nosa-voz/ Export date: Fri May 2 0:05:35 2025 / +0000 GMT |
Traballadorxs das Pontes: temos que recuperar a nosa voz![]() Estamos a vivir nosa comarca un momento crucial para xs traballadorxs: unha empresa do oligopolio enerxético, Endesa, ten secuestrado o noso futuro e provoca a vulneración dos nosos dereitos laborais, abocando ao paro e miseria vital de milleiros de nós sen asumir ningún tipo de responsabilidade sobre a situación que está a provocar. Mentres o negocio lles foi rendible, aproveitaron a situación ata o fondo, dun xeito voraz, cobizoso e depredador do medio natural. Agora que comeza a non haber negocio, ameazan co abandono para poder ir roubar a outros lugares, quizás outros países, aínda sen explotar. Para a CGT isto é inadmisible, Endesa e o resto de empresas que se beneficiaron todos estes anos son responsables dos postos de traballo que agora están en perigo e calquera solución de futuro pasa polo establecemento de plans sustentables que aseguren unha transición xusta con postos de traballo sen perdas de dereitos, postos de traballo sostibles, non precarios e de calidade. Nesta conxuntura, non esquecemos o papel das institucións e dxs políticxs, cómplices durante tantos anos das empresas, ás que permitiron campar ás súas anchas e que fomentaron a esquilma da natureza de xeito ilimitado. O mellor xeito de combater estes abusos mafiosos é a organización dos traballadorxs e iso debemos facelo de forma autónoma e tomando o control na defensa dos nosos dereitos. Non é só un problema do persoal de Endesa. O emprego nas empresas auxiliares está en grave risco. Non podemos ceder, nin permitir, ningunha agresión contra os postos de traballo. Precisamos organizarnos ante as lóxicas de lucro incesante da patronal. Diferenciarnos doutros espazos que intentan monopolizar as loitas e as transforman en banderíns de enganche electoreiros. Temos a capacidade para construír unha ferramenta de loita con vida propia, baseada na solidariedade e no apoio mutuo, de xeito que nós sexamos donxs das nosas decisións con independencia das institucións e dos poderes políticos. POR UNHA TRANSICIÓN XUSTA! POLA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO! Comité da CGT da Coruña |
Post date: 2019-10-16 17:18:07 Post date GMT: 2019-10-16 16:18:07 Post modified date: 2019-10-16 17:18:10 Post modified date GMT: 2019-10-16 16:18:10 |
Export date: Fri May 2 0:05:35 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |