post

Navantia: número 67 da Folla da CGT

A Sección Sindical xa publicou o número 67 da Folla da CGT, que ten interesante contido:

  • Queremos asemblea para ratificar ou non o acordo das novas prazas 2020-2021
  • Análise das inscricións nas prazas de operarios-senior 2019
  • A cuestión do teletraballo
  • Violacións do Convenio para os compañeiros de novo ingreso
  • O timo do rescate bancario: privatización dos beneficios e socialización das perdas

Coma sempre, quen teña interés pode abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

1º de Maio en Ferrol

A Folla da CGT número 60 publica un manifesto sobre o Primeiro de Maio e convoca a manifestación que sairá ás 12:00 horas da avenida de Esteiro. O contido deste número 60 é o seguinte:

  • 1º de Maio: traballar menos para traballar tod@s
  • Fronte común si, pero en defensa da carga de traballo e emprego digno
  • Talentos para Navantia, pero de fóra
  • A desconexión dixital, asinada sen consulta

Para ler ou descargar a Folla, só hai que picar nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia está a cometer unha infracción laboral

O pasado novembro, tras solicitarllo previamente á dirección da empresa e recibir como resposta boas palabras que despois non se transformaron en feitos, a CGT denunciou a Navantia ante a Inspección de Traballo pola non publicación do escalafón no primeiro trimestre de 2020, como recolle o convenio colectivo en vigor.

Esta actuación por parte de Navantia non era ningunha novidade, vénse repetindo nos últimos anos: o último escalafón anual publicado corresponde a 2016.

A nosa denuncia xa ten resposta. A Inspección de Traballo dá a razón á CGT e considera que a non publicación do escalafón por parte de Navantia supón "transgredir os dereitos recoñecidos ós traballador@s no convenio, o que constitúe unha infracción laboral procedéndose regulamentariamente".

A CGT xa se dirixiu a Navantia esixíndolle que nos comunique inmediatamente unha data máxima para a publicación do escalafón. Esperemos que non se atrevan a ignorar a resolución da Inspección.

A dirección de Navantia comete irregularidades arreo, como a CGT vén denunciando repetidamente e como ás veces logramos demostrar.

É impresentable que unha empresa pública cometa ilegalidades. O Goberno do PSOE-Podemos debe tomar medidas de inmediato para poñer freo ós reaccionarios que ostentan responsabilidades en RRHH de Navantia, cuxas arbitrariedades e ilegalidades desprestixian á esquerda ante os traballador@s.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Os novos ingresos en Navantia

A Folla da CGT ven de publicar o seu número 62, con novas de actualidade candente na empresa. Nesta publicación contén a seguinte interesante información:

  • Irregularidades nos ingresos de operarios e empregados sénior 2019
  • Infracción de Navantia no asunto do escalafón
  • Mocazos de Facenda polas «retribucións en especie»
  • Represión sindical en Cándido Hermida
  • Memoria histórica

Pódese abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Queremos Asemblea en Navantia

Mañá hai unha saída á rúa dentro do calendario de mobilizacións pola carga de traballo. A CGT chama a tódolos traballador@s a participar.
Antes de saír, haberá unha CONCENTRACIÓN ÁS 10:00 DIANTE DE DIRECCIÓN. O motivo de concentrarnos en Dirección é que o comité de empresa vaille entregar á empresa un escrito en relación coas irregularidades detectadas nas prazas de operarios e empregados sénior.
En dito escrito se pide que as persoas que teñen as mesmas circunstancias laborais reciban o mesmo tratamento, e non que unhas sexan admitidas e outras non.
Pero hai outro problema: os códigos de profesión/ocupación recollidos nas bases impiden que moitos traballadores se poidan presentar, incluídos traballadores da factoría subcontratados.
CONSIDERAMOS INACEPTABLE QUE UN PROFESIONAL SIRVA PARA TRABALLAR AQUÍ CONTRATADO POR UNHA COMPAà‘ÍA, PERO QUE NON SIRVA PARA TRABALLAR AQUÍ CONTRATADO POLA PROPIA NAVANTIA SIMPLEMENTE PORQUE NO SEU CONTRATO SÓ PON "ELECTRICISTA" OU "CALDEREIRO", E PARA PODER PRESENTARSE ÁS PRAZAS DEBERÍA POà‘ER "ELECTRICISTA NAVAL" OU "CALDEREIRO INDUSTRIAL".
Mañá ás 10:00 diante de Dirección debe realizarse unha Asemblea sobre este tema, Asemblea que debe server para decidir cal é a alternativa dos traballadores ante esta situación.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

E xa van 60 «Follas» en Navantia

Efectivamente, vense de publicar o número 60 da Folla da CGT en Navantia-Ferrol e, coma sempre, cun contido de máximo interés:

  • Necesidade de continuar coas mobilizacións por carga de traballo.
  • Sentenza sobre prestamismo laboral.
  • Cambio na presidencia.
  • Chapuza no contrato do mantemento.
  • Os ricos, máis ricos coa pandemia.

Pódese ler ou descargar este número picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Incidencias nas convocatorias de prazas de Navantia

Prazas operarios-empregados júnior 2019: Se alguén pensou que polo menos o ingreso na factoría se desenvolvería con normalidade, equivocouse. Dúas persoas que superaron o segundo exame non ingresarán. En ambos casos acordouse chamar ós seguintes da respectiva especialidade.  

Nun caso, a persoa non respondeu ás comunicacións de Navantia para o recoñecemento médico. Navantia di que non sabe o motivo; outra posibilidade é que non o queira contar.  

No outro, pasou o recoñecemento médico e incluso apareceu na lista oficial de ingresos publicada por Navantia. Pero co resto da súa especialidade xa dentro, Navantia comunica… que a persoa NON TIà‘A A TITULACIÓN REQUIRIDA PARA PRESENTARSE ÁS PRAZAS.  

Dada a limitación de 3 por praza no segundo exame, este erro significou que unha persoa ficou inxustamente sen posibilidade de optar a unha praza. Despois de ano e medio de proceso, este descontrol é de escándalo.  

A CGT pediu explicacións. ¿Esa persoa enganou na inscrición? ¿Navantia equivocouse ó dala por admitida? Se foi este caso, ¿que pasou? ¿Foi neglixencia ou hai outra causa? Como sempre, RRHH de Navantia non responde.  

As persoas poden equivocarse, pero o proceso non pode ter fallos porque estamos falando do futuro de persoas. A CGT esixe que Navantia garanta que isto non volve ocorrer e que a solicitude dos orixinais dos títulos académicos se faga antes da publicación das listas definitivas do primeiro exame.  

Decenas de convocatorias para a antiga Escola de Aprendices facendo todo a man, manexando milleiros de papeis entregados en persoa, e nunca houbo ningún problema. E agora, na Navantia 4.0 e cunha compañía subcontratada, un psicólogo fachendoso, un portal de emprego, medios informáticos, etc., e todo son problemas. Está claro que o verdadeiro problema é que non hai vontade de facer uns procesos obxectivos e transparentes, a pesar de que Navantia debería dar exemplo como empresa pública que é.  

Prazas sénior 2019: Onte houbo reunión empresa-comité. A CGT protestou pola publicación das listas provisorias de admitidos e non admitidos nas prazas de operarios-empregados en plena Semana Santa e tamén porque o prazo de reclamacións violara os criterios usados até agora, posto que empezou o mesmo día da publicación e rematou en festivo (Xoves Santo). A CGT plantexou dúas cousas:  

1) Apertura dun novo prazo de reclamacións, por entender que publicalas en Semana Santa non era axeitado.  

2) Que, como mínimo, se aceptasen tódalas reclamacións recibidas dentro do que sería o prazo de reclamacións se chegan a usarse os criterios que se viñan utilizando até agora (inicio do prazo ó día seguinte da publicación e non incluír nin festivos nin fins de semana).  

Só a CIG apoiou estas propostas. CCOO e MAS posicionáronse coa empresa, para variar. UGT non particpou na xuntanza.  

Respecto ás prazas universitarias,a CGT esixiu a publicación de listaxes de admitidos e non admitidos. Non publicalas é unha total falla de respecto a tódolos aspirantes, que o menos que se merecen é saber canto antes se están dentro ou fóra da convocatoria e ter a posibilidade de reclamar. A empresa rexeitouno argumentando que non se acordara así coa parte social.  

Dado o nivel de non admitidos que hai nas prazas, ¿por que RRHH de Navantia, CCOO e MAS teñen tanto interese en converter os procesos de ingreso en auténticas carreiras de obstáculos para a maioría da xente?  

Sección Sindical Unitaria de CGT-Navantia

 

post

Número 59 da «Folla da CGT» de Navantia

Foi distribuido xa o número 59 da Folla da CGT en Navantia. O contido, como sempre de interés, é o seguinte:

  • Asembleas manipuladas e á carta
  • @s de novo ingreso, atracad@s
  • Continúa o escándalo dos novos ingresos
  • As retribucións variables
  • Horas sindicais de marzo

Quen teña interés, pode abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Prazas de Navantia: isto é impresentable

Navantia publicou esta mañá as listaxes de admitidos e non admitidos nas prazas de operarios e empregados sénior 2019.

O xoves pasado, nunha xuntanza da Comisión de Emprego, decidiuse pedirlle á empresa que, antes de publicalas, entregase as listaxes ó comité, para poder revisalas e, no seu caso, facer un cribado de comprobación, como se fixo tanto nas prazas júnior coma nas de universitarios sénior.

A empresa negouse. MAS e CCOO aceptaron a negativa. Por que Navantia négase agora a facer o que se fixo noutras convocatorias? Por que MAS e CCOO, no canto de esixir o mesmo ca noutras prazas, aceptaron esa negativa? Por que impediron que todo o comité fixese unha revisión antes da publicación?

A maiores, as listaxes seguen tendo toda unha serie de eivas.

É impresentable que siga sen especificarse os motivos concretos da non admisión. Non abonda con dicir "documentación incompleta"; hai que especificar que documentos faltan.

Máis grave. Despois de que tanto a empresa como CCOO e MAS mantivesen paralizadas as convocatorias durante meses, agora teñen tanta, tanta présa, que o prazo de reclamacións VIOLA AS BASES da convocatoria, que establecen tres días. As listas provisorias de aprobados na 1ª proba das prazas júnior publicáronse o venres 31 de xullo de 2020. Cal foi o período de reclamacións? Das 00:00 h. do luns 3 de agosto ás 23:59 h. do mércores 5.

Agora o prazo comezou hoxe mesmo e rematará ás 11:59 h. do Xoves Santo. Se chega a aplicarse o mesmo criterio, o prazo comezaría ás 00:00 do martes 30 e remataría ás 23:59 h. do martes 6 de abril. Non só dificultan as reclamacións non informando dos motivos concretos e publicando as listaxes no medio da Semana Santa, senón que na práctica reducen, con festividade e alevosía, o prazo para reclamar. Por que queren dificultar as reclamacións?

A CGT esixe:

1) QUE TÓDOLOS SINDICATOS POIDAMOS COMPROBAR O QUE ESTIMEMOS OPORTUNO.

2) PUBLICACIÓN POSTERIOR DUNHAS NOVAS LISTAXES PROVISORIAS QUE INCLÚAN TÓDOLOS MOTIVOS CONCRETOS DA NON ADMISIÓN.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Número 58 da Folla da CGT en Navantia

Ven de ser publicado o número 58 da Folla que a CGT distribúe an Navantia de Ferrol. O contido é o seguinte:

  • Novidades informativas sobre novos ingresos
  • A actitude dalgún membro do Comité cos compañeiros retronados do teletraballo
  • A cuestión das vacacións anuais por cambio de devindicación
  • Sobre a carga de traballo e os intereses políticos
  • Necesidade de máis áreas de descanso
  • O escalafón e a Inspeción de Traballo

Pódese ler ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol