post

Problemas en ElectroRayma – Ferrol

O número 78 da Folla da CGT dedica á situación en ElectroRayma un espazo salientable, destacando a responsabilidade social de Navantia. Tamén, neste número, aparece o seguinte contido:

  • Temos claro onde se poden meter a súa enquisa
  • Prazas de operarios-empregados sénior: que pasa cos horaris dos exames?
  • Demasiado poder en pucas mans
  • Elaboración da plataforma do convenio
  • Horas sindicais de setembro

Tamén se pode abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Nova Folla en Navantia

O número 77 da Folla da CGT foi publicado pola Sección Sindical Unitaria Navantia-Ferrol. O contido é o seguinte:

  • Covid: tod@s ao tallo!
  • Denuncia do convenio
  • Prazas operarios-empregados sénior
  • Cartucho de Nadal
  • Fagan as súas apostas
  • O mantra de moda

Pódese ver ou descargar a publicación picando nos ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Unha nova Folla da CGT en Navantia

Acábase de publicar o número 76 da Folla da CGT, editada pola Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia. Coma sempre, ven chea de contidos interesantes:

  • Xornadas abusivas en Carenas
  • Visita do presidente: non se aproveitou pola parte sindical
  • Futuras convocatorias de ingresos: bases ilegais
  • Prazas de empregados-operarios sénior: listaxes definitivas de admitidxs
  • Peche de Vestas, en Viveiro: empresa con beneficios, pero dá igual
  • Enquisa #CompromisoNavantia: chamamos a non participar

Pódese abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia: Folla número 74

Ven de ver a luz o número 74 da Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia. Neste número inclúe o seguinte:

  • A empresa non paga o complemento de IT ás persoas que non teñan o período de carencia.
  • Consultas de RRHH.
  • Prazas de operarios-empregados sénior: que se poidan presentar a varias profesións.
  • Cativo incremento salarial para 2021.
  • Utilización das horas sindicais en agosto.

Xa sabedes que se pode abrir a Folla ou descargala picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Volve a «Folla da CGT» a Navantia

Acaba de saír o número 73 da Folla da CGT, editada pola Sección Sindical Unitaria en Navantia de Ferrol. este número ven cheo de tema interesantes, como son:

  • A vergoña da ocultación da convocatoria de bombeiros
  • Fichaxes de altos directivos
  • O oligopolio eléctrico
  • Consultas de Recursos Humáns
  • Roubo da empresa nos trienios
  • Onde vai o incremento salarial de 2021?

As persoas interesadas poden ver ou descargar a publicación picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Navantia: información sobre prazas sénior e bombeiros

Prazas operarios-empregados sénior

Está pendente de publicarse a lista definitiva de admitidos/as a exame.
Algunhas reclamacións aportaron un documento chamado "Relación de comunicacións da contratación laboral dun traballador", obtido en persoa nunha oficina pública de emprego e no que figura a profesión exercida. Ó ser oficiais, obviamente aceptáronse tales documentos.
Pero tamén se puxo de manifesto que Navantia non tivo en conta eses documentos á hora de elaborar as 2ª listas provisorias. A CGT entende que este erro debe ser subsanado de oficio.
Non compartimos a postura dos restantes sindicatos, que defenden que só se corrixa naqueles casos en que o afectado/a presentou reclamación.
¿Sería xusto que alguén que cumpre tódolos requisitos ficase excluído por un erro do que non ten absolutamente ningunha culpa? Na nosa opinión, NON.
Se Navantia fixo as cousas mal, terá que facelas ben. Este erro debe ser corrixido con independencia de se os afectados presentaron reclamación ou non.

Prazas de bombeiros

No portal de emprego de Navantia están publicadas dúas convocatoria de "Técnico de Emerxencia,
Seguridade e Saúde Laboral" (bombeiro). Son 3 prazas sénior (4 ou máis anos de experiencia laboral na profesión) e 5 prazas júnior (menos de 4 anos).
En ambos casos, o prazo de inscrición comezará o 30 de agosto e rematará o 10 de setembro. NON será válida ningunha inscrición realizada antes do inicio do prazo ou despois do seu remate.
As bases destas convocatorias están publicadas tanto na sección "Ofertas de emprego" como na sección "Listados e comunicacións" do portal de emprego de Navantia.
Pero as bases das prazas júnior publicadas na sección "Listados e comunicacións" están incompletas (en concreto, falta o gráfico explicativo do circuíto de velocidade). Xa se lle comunicou á empresa para que o corrixa.
Así que é recomendable mirar as bases publicadas na sección "Ofertas de emprego". Ademais, nesta sección publicouse esta semana unha nota aclaratoria ás bases, que non se publicou na sección de "Listados".

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia: información sobre as prazas de operarios-empregados sénior 2019

Ó longo deste mes estivéronse analizando as reclamacións das segundas listas provisorias destas prazas.

Dadas as circunstancias deste proceso, a CGT defendeu que o comité de empresa debía revisar tódalas reclamacións presentadas, non só as recibidas polo comité. Pero isto non foi asumido polo resto dos sindicatos.

A CGT considera que o comité debe garantir a xusteza do proceso para todo o mundo. Un comité de empresa non é un instrumento ó servizo dos sindicatos; é un órgano que representa ó conxunto dos traballadores/as e que debe velar polos intereses de todo o mundo, con afiliación sindical ou sen ela.

De feito, a análise das reclamacións puxo de manifesto a necesidade de revisar tódalas reclamacións porque se detectou un novo erro á hora de elaborar estas segundas listas provisorias: non se tiveron en conta os documentos "Relación de comunicacións da contratación laboral dun traballador" obtidos presencialmente nunha oficina pública de emprego.

Isto púxose de manifesto cando apareceu unha reclamación que aportaba un deses documentos. Como é lóxico, sendo un certificado oficial, decideuse que tiña que ser válido. Pero a partir de aí abreuse o debate sobre se corrixir a situación en tódolos casos similares ou só nos casos en que a persoa afectada teña presentada unha reclamación.

A postura da CGT é clara: dada a natureza do erro, debe subsanarse con independencia de se os posibles afectados presentaron reclamación ou non.

Os prexudicados non fixeron nada mal nin teñen culpa de nada.

Sección Sindical Unitaria de CGT-Ferrol

 

post

Unha nova Folla

Ven de ser publicado o número 72 da Folla da CGT en Navantia-Ferrol. Neste número, o último antes das vacacións, ven o seguinte contido:

  • Cláusula de fidelización/produtividade
  • #Xustiza para Samu
  • Tubacex: o ERE é declarado nulo!
  • Un novo ataque contra as pensións
  • Saída de vacacións

Coma senpre, quen teña interese no contido da Folla da CGT pode abrir ou descargar o exemplar picando nas ligazóns de embaixo

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia: unha Folla da CGT completiña

Ven de saír o número 71 da Folla da CGT que publica a Sección Sindical Unitaria en Navantia de Ferrol. Trátase. coma sempre, dun completo repaso á actualidade de Navantia. Nesta ocasión trata dos seguintes temas:

  • Isto da noxo, explicando a lei do funil segundo sexas operario-empregado ou universitario.
  • A volta coas prazas, cunha estatística moi interesante.
  • Balance da Asemblea Xeral.
  • Increíble pero certo: a cuestión dos salarios.
  • Novos ingresos.
  • Horas sindicais de xuño.

Pódese descargar ou abrir esta Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

70 Follas da CGT en Navantia

Puntualmente ven de saír o número 70 da Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria do noso sindicato en Navantia. O sumario deste número é o que segue:

  • Teletraballo e conciliación
  • A Xunta non é a nosa aliada
  • O paro técnico e a irresponsabilidade de Navantia
  • Valoración da asemblea posterior á culebra
  • Prazas 2020-2021

Pódese abrir ou descargar este número picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol