post

Navantia: información sobre as prazas de operarios-empregados sénior 2019

Ó longo deste mes estivéronse analizando as reclamacións das segundas listas provisorias destas prazas.

Dadas as circunstancias deste proceso, a CGT defendeu que o comité de empresa debía revisar tódalas reclamacións presentadas, non só as recibidas polo comité. Pero isto non foi asumido polo resto dos sindicatos.

A CGT considera que o comité debe garantir a xusteza do proceso para todo o mundo. Un comité de empresa non é un instrumento ó servizo dos sindicatos; é un órgano que representa ó conxunto dos traballadores/as e que debe velar polos intereses de todo o mundo, con afiliación sindical ou sen ela.

De feito, a análise das reclamacións puxo de manifesto a necesidade de revisar tódalas reclamacións porque se detectou un novo erro á hora de elaborar estas segundas listas provisorias: non se tiveron en conta os documentos "Relación de comunicacións da contratación laboral dun traballador" obtidos presencialmente nunha oficina pública de emprego.

Isto púxose de manifesto cando apareceu unha reclamación que aportaba un deses documentos. Como é lóxico, sendo un certificado oficial, decideuse que tiña que ser válido. Pero a partir de aí abreuse o debate sobre se corrixir a situación en tódolos casos similares ou só nos casos en que a persoa afectada teña presentada unha reclamación.

A postura da CGT é clara: dada a natureza do erro, debe subsanarse con independencia de se os posibles afectados presentaron reclamación ou non.

Os prexudicados non fixeron nada mal nin teñen culpa de nada.

Sección Sindical Unitaria de CGT-Ferrol

 

post

Unha nova Folla

Ven de ser publicado o número 72 da Folla da CGT en Navantia-Ferrol. Neste número, o último antes das vacacións, ven o seguinte contido:

  • Cláusula de fidelización/produtividade
  • #Xustiza para Samu
  • Tubacex: o ERE é declarado nulo!
  • Un novo ataque contra as pensións
  • Saída de vacacións

Coma senpre, quen teña interese no contido da Folla da CGT pode abrir ou descargar o exemplar picando nas ligazóns de embaixo

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia: unha Folla da CGT completiña

Ven de saír o número 71 da Folla da CGT que publica a Sección Sindical Unitaria en Navantia de Ferrol. Trátase. coma sempre, dun completo repaso á actualidade de Navantia. Nesta ocasión trata dos seguintes temas:

  • Isto da noxo, explicando a lei do funil segundo sexas operario-empregado ou universitario.
  • A volta coas prazas, cunha estatística moi interesante.
  • Balance da Asemblea Xeral.
  • Increíble pero certo: a cuestión dos salarios.
  • Novos ingresos.
  • Horas sindicais de xuño.

Pódese descargar ou abrir esta Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

70 Follas da CGT en Navantia

Puntualmente ven de saír o número 70 da Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria do noso sindicato en Navantia. O sumario deste número é o que segue:

  • Teletraballo e conciliación
  • A Xunta non é a nosa aliada
  • O paro técnico e a irresponsabilidade de Navantia
  • Valoración da asemblea posterior á culebra
  • Prazas 2020-2021

Pódese abrir ou descargar este número picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Navantia: un nivel de exclusión inaceptable

PRAZAS DE EMPREGADOS OPERARIOS SENIOR 2019

Rematou a segunda análise das inscricións nas prazas de operarios e empregados sénior 2019. Na primeira detectáranse dous erros:

  1. Aplicación de criterios distintos en casos idénticos (cuns admitidos e outros non).
  2. O requisito de coincidencia literal da profesión dos contratos con algunha das profesións recollidas nas bases deixaba fóra a moitos profesionais.

Nesta segunda análise corrixiuse o primeiro, pero non o segundo. O resultado só pode cualificarse de DESFEITA: a media de non admitidos é do 90,2%.

ProfesiónPrazasInscriciónsAdmitidos
Listas anuladas
Admitidos
Agora
% excluídos
Administrativo56472151997,1%
Axustador-montador6274623288,3%
Calorifugador1679395,5%
Chapista111027991,8%
Deliñante5275917473,1%
Electricista9324652093,8%
Fresador-mandrinador484371878,6%
TOTAL311.78150617590,2%

A que se debe isto? Fundamentalmente a dous factores:

  1. Rexeitouse a posibilidade de ter en conta a información en poder de Navantia para comprobar a experiencia laboral.
  2. Insistiuse en facer unha comparación literal das profesións dos contratos coas profesións das bases. Algúns exemplos dos problemas causados por isto:
  • Un contrato de "calorifugador" ou de "administrativo" non serve para presentarse ás prazas de "Calorifugador" e de "Administrativo" porque as profesións "calorifugador" e "administrativo" a secas non aparecen nas bases.
  • Un contrato de "electricista" ou de "caldereiro" non serve para presentarse ás prazas de "Electricista" ou de "Chapista" porque as bases recollen que a profesión ten que ser "electricista naval" ou "caldereiro industrial" respectivamente. Ou sexa, cun contrato de "electricista" podes traballar como electricista nun buque de Navantia, pero non podes presentarte a estas prazas.
  • Outro caso rechamante. Contrato: "Fresador CNC". Profesión nas bases: "Operador de máquina fresadora con control numérico (metais)". Non era admitido co argumento de que podía traballar a madeira. A CGT sinalou que o seu contrato non era de Cándido Hermida, senón dunha coñecida compañía auxiliar do metal. Seguiu sen ser admitido.

Buscamos tódalas profesións nas que figura "control numérico" na base do SEPE. Atopamos tres: "Programador de máquinas con control numérico, en xeral", "Operador de torno con control numérico (metais)" e a que figura nas bases: "Operador de máquina fresadora con control numérico (metais)".

Argumentamos que non había ningunha profesión que relacionase a un fresador de control numérico coa madeira, e que, por tanto, ese contrato tiña que corresponder forzosamente á profesión das bases. Non serviu de nada. Quedou excluído por faltar no contrato a palabra "metais".

É razoable excluír a traballadores con experiencia na profesión por causas como as expostas aquí arriba? Na nosa opinión, NON.

Infelizmente, temos que dicir que moitos destes debates non só foron coa empresa, senón tamén co resto dos sindicatos (a excepción do caso dos administrativos, nos que a CIG coincideu coa CGT, pero en calquera caso quedamos en minoría na comisión).

A CGT non cuestiona que para presentarse ás prazas haxa que cumprir uns requisitos. Pero os requisitos non poden interpretarse cunha RIXIDEZ que nalgúns casos roza o ABSURDO, nin converterse nunha FORMALIDADE máis importante cá REALIDADE.

Cando hai un 90% de non admitidos, incluídos moitos profesionais con experiencia dabondo no sector naval, é que algo está mal. Chamamos ó resto dos sindicatos a facer unha reflexión para darlle unha solución a este problema.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Comedor, economato e becas en Navantia

Unir, non dividir

O luns haberá asemblea xeral para decidir os criterios de aplicación do artigo 41 do convenio (conceptos sociais). Haberá quen só vexa cartos. Pero é moito máis. A cuestión a decidir é esta: ¿TEN DEREITO Ó ARTIGO 41 TODO O PERSOAL EN ACTIVO ADSCRITO Ó CONVENIO OU NON? No comité hai dúas posturas: 1) Todos teñen dereito ós conceptos sociais (CGT e CCOO). 2) Non todos teñen dereito (MAS, CIG e UGT).

Non é a primeira vez que se trata o tema. Debateuse polas becas a finais de 2019 e polo comedor-economato en 2020. En ámbalas ocasións, MAS, CIG e UGT defenderon que, mentres non rematase a Comisión central de Política Salarial, a aplicación dos conceptos sociais non podía sufrir modificacións e que, polo tanto, só correspondían ó persoal do III Convenio, excluíndo así a tódolos novos ingresos. "Esqueceron" convenientemente que en abril do 2019, catro meses despois da sinatura do convenio,  eses criterios supostamente inmodificables foron modificados por unanimidade do anterior comité, para que os prexubilados cobrasen o comedor, que nunca o cobraran. E volve demostrarse hoxe, cando, cambiando a postura que mantiñan ata hai uns días, agora defenden que os novos ingresos GP-3 e GP-4 si teñen dereito, pero os GP-1 e GP-2 non.

MAS, CIG e UGT aínda non deron unha explicación seria de por que o artigo 41 non se aplica a tódolos traballadores. Porque dicir que ese era "o espírito do convenio" non é serio.

  • ¿Son as compensacións de comedor e economato masa salarial? Non. No seu momento, o seu importe se estableceu nun 2% da masa salarial do persoal do convenio (daquela, só operarios e empregados). Pero a partir de aí pasou a ser un concepto máis das táboas salariais totalmente desvencellado da evolución da masa salarial. Por iso as 2.000 prexubilacións de 1999 e 2005 non diminuíron a súa contía.
  • ¿Son as compensacións de comedor-economato propiedade dun grupo específico de traballadores? Non. Son un dereito do convenio para tódolos traballadores adscritos a el. Por iso tamén o  cobraron aqueles que ingresaron na empresa despois da desaparición de comedor e economato. Plantexar que só é dalgúns é darlle á empresa a escusa perfecta para converter o comedor-economato nun dereito individual. O cal, ademais de inxusto, implicaría que, cada vez que alguén perda o dereito a esa compensación, eses cartos non se redistribuirían entre todos (como ocorre agora precisamente por ser un dereito colectivo), senón que Navantia quedaría con eles. Estas son as intencións da empresa, como demostra que no libro do convenio (páx. 75) xa non aparece a contía do comedor-economato.

Cal é o problema agora? Que como o ámbito de aplicación do convenio se ampliou ós TS e hai novos ingresos, algúns sindicatos temen que o importe per cápita baixe. Para evitalo, primeiro argumentaron que os cartos pertencen só ó persoal do anterior convenio. Por iso o ano pasado se opuxeron a que o cobrasen os operarios e empregados contratados trala sinatura do convenio (Sestao e eventuais). Se agora cambiaron de postura é porque sentiron a presión dos operarios júnior, que fixeron unha "visita" ó comité. Máis oportunismo, imposible.

MAS, CIG e UGT xustifican a súa proposta corporativista como unha forma de presionar á empresa para que poña máis cartos. Escusas. A famosa Comisión tiña 9 meses para rematar trala sinatura do convenio en decembro de 2018. Dous anos e medio despois, "ni está ni se la espera".

¿Fixeron, ou propuxeron facer algo, durante todo este tempo para presionar á empresa? Non. E como non están dispostos a enfrontarse coa empresa, se lles ocorre "presionala" negándolle os seus dereitos a unha parte dos traballadores, transformando o enfrontamento entre traballadores e empresa nun enfrontamento entre traballadores, que é xustamente o que lle interesa á empresa. A dirección debe de estar morta de risa vendo como lle axudan a crear divisións na plantilla.

O convenio non é propiedade de determinados traballadores. Este é un enfoque individualista. O convenio é de tódolos traballadores incluídos nel. UN SINDICATO DE CLASE NON PODE NEGARLLE A UN TRABALLADOR OS DEREITOS QUE O CONVENIO LLE DÁ.

O MÁIS GRAVE DO ACTUAL CONVENIO É A DOBRE ESCALA DE DEREITOS (máis dereitos para os antigos e menos para os novos ingresos). Hai que combatela a morte. Pero a proposta de MAS, CIG e UGT vai exactamente en sentido contrario. Este debate é unha primeira mostra das consecuencias negativas que trae  a existencia de  diferentes condicións laborais dentro dunha plantilla. Pero en vez de loitar contra a dobre escala, MAS, CIG e UGT alentan afondala, o que crearía unha división no cadro de persoal que a medio-longo prazo provocará que todos teñamos menos dereitos, xusto o que quere a empresa.

O papel do movemento sindical non é dividir os traballadores, senón o contrario: POà‘ER DE MANIFESTO OS INTERESES COMÚNS QUE NOS UNEN A TOD@S. Isto empeza por non negarlle a ninguén os dereitos que ten, e continúa por sumar forzas para dar unha batalla conxunta para conquistar novos dereitos, incluídos algúns que agora só teñen algúns TS.

A maioría dos TS que están en convenio (novos ingresos do plan, xente procedente do convenio ou ingresos da rúa nos últimos tempos) non teñen nada que ver con aqueles TS de hai tres ou catro décadas, que formaban unha elite privilexiada que se elevaba moi por encima dos traballadores do convenio. Hoxe, Navantia non só non lles dá privilexios, senón que os trata a patadas. Por exemplo, teñen que prolongar xornada sen cobrar nin un euro máis. NAVANTIA NOS QUERE DIVIDIDOS PARA SACARNOS DEREITOS A TOD@S. NON COLABOREMOS CON ELA. A UNIÓN DOS TRABALLADORES É O FACTOR MÁIS IMPORTANTE.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol

 

post

69 números da «Folla da CGT» en Navantia

A Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol ven de publicar o número 69 da Folla da CGT. Os temas que trata son os seguintes:

  • Seguimos coas prazas 2020-2021
  • Cambios na nómina
  • Problemas de tradución
  • Unha cuestión estratéxica
  • Empregados-operarios sénior 2019

Pódese descargar ou abrir esta Folla premendo nas ligazóns de embaixo

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

A asemblea xeral de Navantia-Ferrol rexeita a proposta para futuras convocatorias de prazas

Onte, luns 7, celebrouse en Navantia-Ferrol unha asemblea xeral da principal para debater o acordo alcanzado na Comisión Central de Emprego sobre os procesos das futuras convocatorias de prazas de ingreso en Navantia.

Só CCOO defendeu o acordo. A CGT, CIG e MAS opuxémonos. A sentenza da asemblea foi inapelable: a gran maioría dos traballadores pronunciouse en contra. Para contar os votos a favor chegaron os dedos dunha soa persoa (e sobraron algúns).

A CGT expuxo na asemblea os principais motivos que nos levan a rexeitar a proposta:

  • Non recolle a posibilidade da inscrición presencial, algo necesario vistos os problemas do portal de emprego de Navantia.
  • Mantén a subcontratación de partes do proceso.
  • Puntuación distinta para os mesmos títulos académicos segundo se obtivesen na FP dual ou na FP non dual.
  • Falta de transparencia:
    • A identificación dos candidatos/as será por DNI, non por nome e apelidos.
    • A puntuación do baremo seguirá sen aparecer desglosada por conceptos.
  • Falta de obxectividade:
    • A selección dos titulados universitarios segue a ser totalmente subxectiva.
    • Aparece a posibilidade dunha entrevista persoal para determinadas prazas de oficinas, que valerá os mesmos puntos có exame práctico. Este aspecto é particularmente grave porque significa a introdución da subxectividade nunhas prazas que até agora sempre se rexeron por criterios obxectivos (agás o precedente da entrevista co psicólogo nas prazas de operarios-empregados júnior 2019).
  • Limitación a 12 anos da antigà¼idade dos títulos.
  • Recorte nos anos máximos de puntuación por experiencia profesional nas prazas de operarios e empregados sénior: actualmente son 15 e se baixa a 10.
  • Non recolle ningunha solución para o grave problema da acreditación da experiencia profesional, que, como se está vendo no proceso das prazas de operarios e empregados sénior 2019 actualmente en marcha na nosa comarca, provoca uns índices de non admisión altísimos, superiores ó 90% nalgunhas profesións.

A CGT cre que a cuestión da subxectividade e os numerosos problemas causados por RRHH de Navantia nos procesos de novos ingresos son un problema sindical de primeira orde e que é necesario abordalo sindicalmente con toda determinación, para poñer fin ás arbitrariedades e garantir os procesos obxectivos e transparentes que debe haber nunha empresa pública.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol

 

post

As condicións dos novos ingresos en Navantia e outros temas

Xa está dispoñible o número 68 da Folla da CGT que a sección Sindical Unitaria de Navantia ven publicando regularmente. Neste número abródanse os seguintes temas:

  • A discriminación dos novos ingresos. A intolerable dobre escala de dereitos
  • Contra as bases das convocatorias dos novos ingresos 2020-2021
  • Rebelión obreira: Vigo e Porto Real son a mostra
  • Análise das inscricións nas prazas de electricista de operarios senior 2019
  • Utilización das horas sindicais de maio

Pódese descargar ou abrir esta folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol

 

post

Navantia: número 67 da Folla da CGT

A Sección Sindical xa publicou o número 67 da Folla da CGT, que ten interesante contido:

  • Queremos asemblea para ratificar ou non o acordo das novas prazas 2020-2021
  • Análise das inscricións nas prazas de operarios-senior 2019
  • A cuestión do teletraballo
  • Violacións do Convenio para os compañeiros de novo ingreso
  • O timo do rescate bancario: privatización dos beneficios e socialización das perdas

Coma sempre, quen teña interés pode abrir ou descargar a Folla picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol