post

[Cee-Dumbría] A CGT entra en Ferroatlántica

Celebráronse eleccións sindicais no centro de traballo de Ferroatlántica en Cee-Dumbría, unha factoría metalúrxica especializada en aleacións especiais.

A CGT presentábase aquí por primeira vez e, grazas ao traballo da Sección Sindical, obtivo uns excelentes resultados. Así, o novo Comité de Empresa quedou conformado como segue:

  • CIG, 6
  • CGT, 4
  • UGT, 3

A CGT agradece a confianza depositada polo cadro de persoal e asume o compromiso de seguir loitando en defensa dos dereitos laborais e sociais.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

[Ferrol] Un laudo arbitral anula o «voto delegado» inventado por CCOO en Navantia

CGT, CIG, MAS e UGT de Navantia fixeron público o seguinte comunicado conxunto:

O pasado 16 de xullo ven de emitirse o Laudo Arbitral que resolve a impugnación presentada ante a Autoridade Laboral (Oficiña Pública de Rexistro) polos sindicatos CIG, CGT, Mas e UGT contra a decisión da Mesa Electoral Central de habilitar, atendendo unha petición de CCOO, un procedemento de voto baixo o nome de “voto delegado”.

O Laudo, na súa fundamentación xurídica afirma textualmente que:

  • A cuestión que se somete a arbitraxe é a de determinar a validez do procedemento de voto delegado.
  • O procedemento do voto delegado foise perfilando nos días seguintes á aceptación da solicitude, tal como consta nas actas nº 5, 6 e 7 da Mesa Electoral Central.
  • Non consta, máis ben parece que o contrario, que os traballadores que tiñan a condición de electores tiveran suficiente coñecemento deste medio de votación e dos requisitos que debería cumprir para exercer o voto delegado.
  • O exercicio do voto delegado non se contempla na regulación legal da materia electoral.
  • En todo caso a forma en que se levou a cabo o voto delegado non tivo garantías suficientes, nin publicidade, nin consenso, nin información ós traballadores.
  • Que o proceso de elección de representantes dos traballadores na empresa está rexido por normas de procedemento subtraídas á vontade das partes xa que non é unha institución de “dereito privado” senón de Dereito Público. É obvio por tanto, que non está no poder de disposición das partes intervintes no proceso, alterar a súa regulación legal.

Por todo elo, dicta Laudo polo que acorda: ESTIMAR a impugnación presentada, RESOLVENDO anular a resolución que establece o sistema de “voto delegado” e os actos posteriores derivados.

O laudo é claro e rotundo, recoñece como válidos todos e cada un dos argumentos expresados polos sindicatos que impugnamos e anula o procedemento do voto delegado.

Expresamos pois a nosa satisfacción, conscientes de que si non tivéramos actuado, podería terse perpetrado un fraude electoral pola alteración ilegal das normas de votación e pola falla de garantías que este sistema de votación conten, tal e como o propio Laudo recoñece.

Finalmente, foi a nosa presión a que freou esta iniciativa ilegal, foi a nosa presión a que forzou a modificar sobre a marcha este sistema de votación, foi a nosa presión a que impediu que os votos delegados contaminaran o proceso electoral.

Para os sindicatos asinantes, nada hai mais importante que a vontade dos traballadores e traballadoras expresada có seu voto, ese é o motivo de ter presentada esta impugnación que como o Laudo demostra é xusta, razoable e legal.

 

post

[Ferrol] CGT entra con forza no Comité de Empresa de Navantia

A CGT obtivo 3 delegados nas eleccións sindicais de onte, Xaquín García Sinde e Javi Losada, por Técnicos, e Vicente Ferrer, por Man de obra. Ademais, superamos en votos á UGT globalmente e tamén superamos á CIG no colexio de Técnicos. Tódolos inicios son difíciles, e máis nunha fábrica de tanta tradición sindical como a nosa. Por tanto, estes 3 delegados é un resultado moi digno (e sen chamadas telefónicas nin visitas de última hora ós afiliados). Agradecemos a tódalas persoas que nos votaron o apoio a un sindicalismo de clase coherente e a confianza depositada na CGT. Os resultados globais son:

*Total 2019Total 2015Man de obra 2019Man de obra 2015Técnicos 2019Técnicos 2015
CCOO9115744
CGT312
CIG453312
MAS442222
UGT332211
Total23231314109

Como se ve, CCOO sufre un severo retroceso, perdendo 2 delegados. É a primeira vez que CCOO baixa dos 10 delegados e tamén do 40% dos votos. De feito, CCOO deixouse nestas eleccións nin máis nin menos que dez puntos porcentuais, baixando dun 47% en 2015 a un 37% agora.

Pero hai outro dato a destacar: a CGT quedou a só un voto de obter un cuarto delegado (que perdería UGT en Man de obra). De ter ocorrido isto, significaría que, por primeira vez, CCOO e UGT non sumarían maioría absoluta, abríndose así a posibilidade teórica de que CCOO incluso chegase a perder a presidencia do comité de Ferrol. Non estamos nesta posibilidade por un só voto, pero en calquera caso este dato ilustra moi ben a tendencia ó declive dos sindicatos que nos últimos anos están a colaborar coa empresa no recorte dos dereitos dos traballadores, UGT a raíz do IV Convenio e CCOO a raíz do Convenio único.

Por iso estes resultados tamén representan un claro rexeitamento dos traballadores á dirección de Navantia, cuxos intentos de interferir nestas eleccións foron descarados: fraude no censo electoral na factoría de San Fernando (inflado pola empresa con xente de Cartagena), parcialidade escandalosa do xefe de Persoal de Ferrol, que actuou como tal dende a presidencia da Mesa electoral central (toda a chafallada do voto “delegado”, que finalmente non se contabilizou), anuncios de promocións e aumentos salariais no día de onte… Pero a xente non é tan parva como algúns se pensan, e estas manobras tiveron o efecto contrario ó buscado.

Para analizar estes resultados en profundidade e decidir os seguintes pasos a dar pola CGT, convocamos unha:

 ASEMBLEA DE AFILIADOS/AS E SIMPATIZANTES o xoves 11 ás 10:00 h. no salón de plenos do comité

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol

 

post

[Ferrol] Navantia: o «voto delegado» non é legal

Dentro do proceso de Eleccións Sindicais en marcha, a Mesa Electoral Central a petición de CCOO, decidiu poñer en marcha un mecanismo de voto anticipado que chaman “VOTO DELEGADO”.

Ante esta situación, os sindicatos asinantes (CIG, CGT, MAS e UGT) vémonos na obriga de informar ós traballadores das consecuencias desta iniciativa:

  1. Este método de votación non está recollido na lexislación vixente, non ten soporte xurídico algún e polo tanto sitúase claramente fora da lei.
  2. En consecuencia, aqueles traballadores que desexen votar e non poidan facelo presencialmente o día 9, deberán empregar a modalidade de VOTO POR CORREO nos termos que a Mesa Electoral Central ten comunicado (a data tope para solicitalo e o día 4).
  3. Os traballadores que xa teñan empregado esta modalidade de votación de voto delegado deben saber que a única garantía de que o seu voto sexa válido e realizalo por correo. O voto delegado pode ser manipulado durante a súa custodia ou anulado pola Autoridade Laboral.
  4. En consecuencia temos presentados escritos de impugnación ante a Mesa Electoral Central e estamos á espera de respostas durante o día de hoxe.
  5. Si non recibimos resposta ós escritos presentados impugnaremos esta decisión da Mesa Electoral Central ante a Autoridade Laboral Provincial mañán mércores.

Secciones Sindicais en Navantia de CIG, CGT, MAS e UGT

 

post

[Ferrol] Navantia: A dirección e o Comité boicotean á CGT

A principios de febreiro, trala constitución legal da nosa sección sindical e a comunicación de tal feito á dirección de Navantia, a CGT solicitoulle é empresa un correo electrónico corporativo, que nos foi denegado. Tras esa negativa, e dado o silencio do comité ante a nosa petición de que interviñese para que se nos facilitase o correo, denunciamos á empresa perante a Inspección de Traballo, que resolveu ó noso favor.

Pero a Inspección non só se pronunciou sobre o correo, senón que requireu á empresa “para que proporcione á sección sindical da CGT os mesmos medios técnicos e materiais para facilitar a súa difusión e comunicación que ás restantes seccións sindicais, advertindo que de non facelo así estaría incurrindo en lesión ós dereitos dos representantes legais dos traballadores, tipificado como infracción no artigo 7.8 da Lei sobre Infraccións e Sancións no Orden Social”. Dito artigo tipifica a infracción como grave.

A resolución da Inspección baseouse nin máis nin menos que nunha sentenza do Tribunal Constitucional, que a resolución cita: “O lexislador (…) contempla tamén obrigas de terceiros dirixidas á promoción dese dereito (contido adicional do dereito á información sindical), isto é, accións positivas favorecedoras da comunicación entre o sindicato e os traballadores. Faino impoñendo cargas ó empresario, como a de facilitar en determinados casos ás seccións sindicais dos sindicatos máis representativos ou con implantación na empresa certos medios materiais, instrumentais para o mellor desenvolvementoda actividade sindical e en particular da difusión da información sindical. Así ocorre cos dereitos a un taboleiro de anuncios e a un local axeitado naquelas empresas ou centros de traballo con máis de douscentos cincuenta traballadores(os subliñados son nosos).

¿Ten a CGT implantación en Navantia-Ferrol? Si. ¿Ten Navantia-Ferrol máis de 250 traballadores? Tamén.

Por tanto, apoiándonos na resolución da Inspección, o pasado 16 de maio solicitamos á dirección un local para a nosa sección sindical (tanto máis necesario dada a cercanía das eleccións sindicais). A única condición que puxemos foi que tiña que estar na planta baixa do edificio do comité, ó igual que os locais das restantes seccións sindicais. Na planta baixa hai actualmente tres locais que non están ocupados por ningunha sección sindical, pero non pedimos ningún en particular.

Dende esa data, nos interesamos en varias ocasións polo tema: primeiro, que se tiñan que consultar con Madrid; despois, que llo tiñan que comunicar ó comité, etc., etc. O martes da semana pasada volvemos a falar coa empresa, dixémoslle unha vez máis que non había absolutamente ningún motivo para que a CGT non puidese dispoñer de inmediato do local que a lei nos outorga e esixímoslle que nolo facilitase antes do luns 10, día no que comeza o proceso das eleccións sindicais de Navantia. Estamos a 10 e seguimos sen local.

Pero se esta actitude boicoteadora por parte da dirección de Navantia contra a CGT é impresentable, aínda é máis impresentable que o comité de empresa a comparta. Actuando, unha vez máis, en comandita coa dirección(como en tantas outras cousas: implantación do modelo de empresa baseado na subcontratación masiva, degradación das condicións laborais dos traballadores da industria auxiliar, recortes no convenio da principal…), o comité de empresa négase a que a CGT dispoña dun local, alegando que non temos dereito a el. ¡Como se iso o decidisen eles!

En datas recentes, o comité de empresa negouse a poñer a votación na asemblea xeral propostas que non lle gustaban, abandonando o seu presidente a mesma levándose o micrófono consigo. Agora, pasándose polo arco do triunfo unha resolución da Inspección de Traballo e unha sentenza do Tribunal Constitucional, o comité se nega a que a sección sindical da CGT teña un local. ¿Cal será o seguinte paso nesta deriva? ¿Dicir que os taboleiros de anuncios son deles e que a CGT non pode colocar comunicados? ¿Decretar que a CGT non pode presentarse ás eleccións sindicais?

A CGT non tolerou o atropelo antidemocrático por parte da dirección de Navantia cando nos negou o correo electrónico, e tampouco imos tolerar este novo atropelo antidemocrático por parte da empresa e o comité. E se cren que sumando as súas forzas van ter máis éxito que co correo, xa lles dicimos que se van volver equivocar.

Todo isto é moi grave. Pero non só polo que ten de vulneración dos dereitos democráticos da CGT e de violación da lei, senón sobre todo porque demostra a DEXENERACIÓN que sofren algúns sindicatos, especialmente CCOO, cuxosdirixentes actúan cada vez máis en conivencia coa empresa.

Esta violación dos dereitos da CGT é un ataque contra todos aqueles traballadores/as que queremos un movemento sindical que sexa unha ferramenta de loita para a defensa dos nosos intereses de clase, non un apéndice das direccións das empresas. Neste senso, se hoxe, día que comeza o proceso electoral, non se pon a disposición da nosa sección sindical un dos tres locais dispoñibles na planta baixa do edificio do comité de empresa, tomaremos tódalas medidas que fagan falla para acabar con estes comportamentos ditatoriais dignos dunha empresa franquista e do seu Sindicato Vertical.

Facemos un chamamento a tódolos traballadores con conciencia de clase a fortalecer a CGT, o único sindicato que non se resigna, o único sindicato que está demostrando vontade, firmeza e coherencia á hora de defender os intereses dos traballadores fronte á empresa.

PARA QUE AS COUSAS CAMBIEN, ELIXE CGT !

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol

 

post

[A Coruña] A CGT entra por primeira vez en Teleperformance

Por primera vez la CGT entra en el comité de Teleperformance Coruña. A partir de ahora lxs trabajadorxs de este centro de trabajo contarán con un sindicato que luchará por mejorar sus condiciones laborales.

El nuevo comité tendrá la siguiente composición:

  • 2 delegadas CGT
  • 9 delegadxs CCOO
  • 6 delegadxs CIG
  • 4 delegadxs UGT

Muchas gracias por vuestro apoyo. La lucha es el único camino.

Sección Sindical de CGT en Teleperformance da Coruña

 

post

[A Coruña] A CGT entra con forza en Concentrix

A CGT entrou con forza na empresa Concentrix, na que se celebraron eleccións sindicais a semana pasada.

Concentrix é una empresa  do sector de “contact center” co centro de traballo na Coruña e cun cadro de persoal de máis de 300 persoas.

Os resultados foron os seguintes:

  RESULTADOS 2015 RESULTADOS 2019 VOTOS 2019
UGT 6 2 44
CCOO 5 4 67
CIG 2 4 70
CGT Non participou 3 61

Con estes resultados, a CGT da Coruña afiánzase nas empresas máis importantes do sector  da provincia e fortalece a súa condición de sindicato más representativo no sector de telemárquetin, o que lle permitirá abordar con firmeza tanto os problemas dos traballadores nos centros de traballo con presenza confederal como a negoación do próximo convenio colectivo.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

[A Coruña] Concentrix está nerviosa

Compañeras y compañeros:

                                                     Ayer por la mañana se produjo un incidente en las instalaciones de la empresa del que, seguramente, habéis oído hablar.

Tras colocar cartelería de la CGT de la campaña de elecciones sindicales en el comedor, una representante de Recursos Humanos y una vocal de la mesa electoral (no sabemos aún qué pintaba allí) se dirigieron al puesto de trabajo del secretario de la Sección Sindical de la CGT recriminándole dicha actuación, acusándolo de vandalismo por las pegatinas que alguien colocó en el monolito de Concentrix en la última manifestación, amenazándolo con denunciarlo si no lo limpiaba y retiraba la publicidad. Todo ello sucedió en un tono acusador e intimidatorio y delante de sus compañeros de trabajo.

A estas acusaciones se le contestó que se habían solicitado espacios y medios para la información sindical casi dos meses antes, sin que la empresa reaccionara. Evidentemente, la CGT no va a participar en las elecciones sindicales en inferioridad al resto de los sindicatos, así que tomamos la decisión, ante el silencio de la empresa, de colocar la propaganda en lugares visibles y que no suponen ningún problema especial.

Tod@s sabéis que hay medios que son discriminatorios, como la existencia de una tele en el comedor de uso exclusivo de la UGT, o tableros de anuncios que ya están repletos, con anterioridad, por escritos y comunicados (aunque sean del año de la Tana) de este u otros sindicatos. Lo único que queremos es tener los mismos medios y derechos que los demás.

Sabed que no nos van a acoquinar, que continuaremos por nuestro camino para defender los intereses de los trabajadores. De momento, lo único que le pedimos a la empresa es que trate a nuestros representantes con educación y respetando su dignidad personal y colectiva. En cuanto a las denuncias, todos conocemos el camino de los juzgados o de la comisaría.

Compañeras y compañeros: la candidatura de CGT va a continuar adelante. Nuestra pelea es por tod@s y continuará después de las elecciones, no sólo durante el período electoral. De vosotr@s depende que consigamos estar dentro del Comité.

EL DÍA 16 DE MAYO, ELECCIONES SINDICALES

CONTAMOS CON TÚ VOTO

Sección Sindical de CGT en Concentrix