CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/solidaridade-cos-despedidos-en-remolcanosa-palma-de-mallorca/
Export date: Sat Apr 20 5:25:13 2024 / +0000 GMT

Solidaridade cos despedidos en Remolcanosa- Palma de Mallorca



 


TODOS OS TRABALLADORES EN FOLGA, EXCEPTO UN, FORON DESPEDIDOS. ASÍ FUNCIONA A EMPRESA DO SILVEIRA, VIGUÉS DISTINGUIDO.

O pasado enres día 1 de febreiro de 2008, ás 1,00 horas, no Xulgado dos traballadores de Remolcanosa do Porto de Palma., que manteñen unha folga indefinida en defensa dos seus dereitos, dende o día 19 de Xuño do pasado ano 2007. Este conflicto xa dura máis de medio ano, e so a unidade e determinación dos traballadores, e o APOIO que leva a termo dende a CGT fixo posible que o espiritu de loita e as posibilidades de gañar o conflicto estean intactas. Débese lembrar que:


-A Delegación do Goberno, lonxe de facer ningunha mediación, de xeito sorprendente emitiu non un, senón dous decretos de "servizos mínimos, os dous favorables á empresa e atendendo a suas peticións. Ao mesmo tempo, os propios directivos da empresa, violaron en varias ocasións estes servizos mínimos, atendendo a compañías privadas fóra destes servizos. Só a vigilancia e a denuncia dos traballadores conseguiron por freo a estas conductas ilegais.
-Tampouco se preocuparon nin a Delegación do Goberno, nin a Autoridade Portuaria, nin antes nin despois da declaración da Folga, de vixiar en que condicións se daba o servicio público de remolcadores, en mans desta empresa privada, nin en que condicións traballan os empregados de Remolcanosa. Só se acordaron cando se convocou unha folga, e isto para poñerse descaradamente a favor de José Silveira (vigués distinguido), armador de Remolcanosa, responsable de prestar servizo aos traballadores con condicións indignas.
-A última mostra da política laboral do vigués distinguido foi o DESPIDO DE TODOS OS TRABALLADORES QUE SECUNDARON A FOLGA, agás un que forma parte do Comité de Folga, cuns argumentos que son un conxunto de mentiras. Non obstante os esquirois que sustituiron aos despedidos están, por lei, suxeitos ao decreto de "servizos mínimos" da Folga. Desto estamos vixilantes dede a CGT, que sistemáticamente denunciamos os incumprimentos de Remolcanosa do Decreto do servizos mínimos. Pola readmisión dos despedicos a Federación Local de CGT en Vigo convocou o pasado xoves 31 de xaneiro as 19 h. unha concentración de apoio ante la Estación Marítima de Vigo.

¡¡ SOLIDARIDADE COS COMPAà‘EROS DE REMOLCANOSA!!



¡¡READMISIÓN DESPEDIDOS!!



¡¡A LOITA CONTINÚA!!

Post date: 2008-02-06 15:47:40
Post date GMT: 2008-02-06 14:47:40

Post modified date: 2008-02-06 15:48:51
Post modified date GMT: 2008-02-06 14:48:51

Export date: Sat Apr 20 5:25:13 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com