CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/rtve-en-galicia-contra-as-represalias-nos-medios-publicos/
Export date: Fri Mar 29 12:35:08 2024 / +0000 GMT

[RTVE en Galicia] Contra as represalias nos medios públicos




Dende a Sección Sindical da CGT en RTVE Galiza condenamos a nova represalia aplicada na RTVG, esta vez á presentadora Marga Pazos. Cunha escusa para cubrirse as costas legalmente, os responsables de informativos limítanlle as función por ter exercido o seu dereito á folga o 8 de marzo.

Non é a primeira vez que ocorre un episodio similar, nin será a última.

Facemos fincapé en que este tipo de manobras para "castigar" a xornalistas incómodos son habituais naqueles medios de comunicación públicos que dependen xerarquicamente dos gobernos de turno. Ou sexa: tódalas canles autonómicas de España, e tamén a estatal. Nuns casos máis e noutros menos, nunhas etapas máis e noutras menos, o certo é que o servilismo cara ao poder é inherente a un modelo viciado desde o mesmo momento en que o Executivo, na práctica, nomea a dedo á dirección dos medios públicos. Urxe, polo tanto, cambiar ese modelo.

Existen fórmulas que garanten ata certo punto a independencia, como a designación por maioría cualificada do Parlamento, un concurso público (accidentado de momento en RTVE, pero que pode ser unha vía válida), ou outras que se poden e deben estudar. Transcorridos 40 anos de Democracia, non é de recibo que o "dedazo" siga sendo o mecanismo legal para configurar un organismo tan sensible como é unha Radiotelevisión pública. Mentres ese mecanismo non cambie, será difícil que neste país teñamos Medios Públicos independentes.

CGT, únete e loita. Xuntas somos mais.

Sección Sindical da CGT na RTVE en Galicia

Post date: 2019-02-12 12:54:41
Post date GMT: 2019-02-12 11:54:41

Post modified date: 2019-02-12 12:54:41
Post modified date GMT: 2019-02-12 11:54:41

Export date: Fri Mar 29 12:35:08 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com