CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/represion-sindical-en-citroen/ Export date: Thu May 1 11:53:00 2025 / +0000 GMT |
Represión sindical en Citroà«nTres afliados a Confederación foron despedidos no último mes. A direccion de Citroen en menos dun mes despediu a tres afiliados da CGT. Demasiada coincidencia, como para creer que é froito da casualidade. O día 25 de novembro, produciuse o primeiro despido dun compañeiro da CGT, a empresa argumentou que o sancionou por absentismo continuado. En realidade trátase de baixas por enfermidade sempre xustificadas. Os días 17 e 20 de decembro, a empresa despediu a dous traballadores máis afiliados tamén a CGT pola súa actividade sindical. Estaba claro que, mais aló dos motivos legais esgrimidos para levar a cabo estes despedimentos, o que a Dirección buscaba era "concienciar" a toda a CGT, do único xeito que sabe facelo: represión e despidos. O que en realidade aconteu é que nas derradeiras eleccións sindicais a CGT gañou un laudo que establecia que todo o proceso electoral tiña tal cantidade de vicios graves que debia ser anulado na súa totalidade. Daquela e ante a posible paralización do proceso electoral, a dous días da votación, a empresa ofertou á CGT unha mellora nas suas relacións coa empresa, a cambio de renunciar á execución do laudo. A CGT dixo que NON. É precisamente por ter dito NON agora a empresa despide a tres compañeiros da CGT. A EMPRESA trata de coidar a sua imaxe cara o exterior, transformándose dentro da fábrica represaliando a tod@s aqueles que loitan por unhas condicións de traballo mellores. O desafío dunha Sección Sindical sen tan sequera representación, non soamente fai tambalear a transparencia do proceso de eleccións sindicais nesta empresa, se non, que ainda por riba foi quen de dicirlle que NON a sua oferta nun "cambio" nas relacións coa CGT.  A Sección Sindical e a totalidade do Sindicato, vai loitar con todas as súas forzas contra este ataque non só polos compañeir@s despedidos se non pola liberdade sindical de tod@s @s traballadoras/es desta empresa. |
Post date: 2011-01-10 21:01:24 Post date GMT: 2011-01-10 20:01:24 Post modified date: 2011-01-10 21:01:24 Post modified date GMT: 2011-01-10 20:01:24 |
Export date: Thu May 1 11:53:00 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |