CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/renfe-e-adif-plaenan-o-peche-da-venda-de-billetes-en-7-cidades-galegas/
Export date: Sat Apr 20 5:23:37 2024 / +0000 GMT

RENFE e ADIF planean o peche da venda de billetes en 7 cidades galegas




RENFE e ADIF planean o peche da venda de billetes en 7 cidades galegas

Cando o Sector Ferroviario de CGT-Galiza, tivo coñecemento das intencións das empresas RENFE-Viaxeiros e ADIF de deixar de dar servizo de venda de billetes nas estacións galegas onde esta función está sendo feita por persoal de Circulación (Guillarei, Ribadavia, Sarria, O Carballiño, A Rúa e O Barco), puxemos en marcha unha campaña de denuncia ante os medios de comunicación, Concellos, veciños, Grupos políticos e Xunta de Galiza, informando das intencións empresariais e requirindo  dos veciños e de todas as institucións a defensa dos servizos de venda de billetes nestas estacións ferroviarias intermedias.

Esta campaña está a dar os seus primeiros resultados e Concellos como o de A Rúa e Sarria xa comezaron a mobilizarse contra os recortes dos servizos ferroviarios, concentrándose os veciños destas vilas e facendo unha viaxe reivindicativa dende A Rúa ata O Barco, onde participaron preto de 500 veciñ@s. https://goo.gl/ZjTNj6. 1

ADIF está a negociar con RENFE como trasvasar a venda de billetes nas estacións de todo o estado español, que agora fai persoal de ADIF pra que a partir do ano que ven estes traballos de venda de títulos de transportes e información aos viaxeiros sexan xestionados e feitos por RENFE-Viajeros S.A.

Así ADIF ten previsto pasar a RENFE-Viaxeiros o persoal comercial de venda de billetes e información das estacións galegas de Ferrol, Coruña-San Cristobal, Santiago, Ourense, Monforte, Lugo, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo-Guixar e Vigo-Urzaiz, en total 82 traballadores e traballadoras en Galiza e 836 en todo o estado, na estimación dada a coñecer a representación sindical.

Nesta previsión, nin RENFE nin ADIF están a incluír a venda de billetes/atención aos viaxeiros en estacións onde este traballo é realizado por persoal de Circulación, non de comercial, xa que en algunha delas compatibilízanse os traballos de venda de billetes e atención aos viaxeiros, cos de xestión das circulacións ferroviarias, como é as estacións de Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, O Barco, A Rua e Ribadavia onde os traballadores adscritos a esta estación fan labores de xestión do trafico ferroviario e venda de billetes de longa e media distancia, facturando importantes cantidades de cartos o mes, xa que atendese á poboación de bisbarras como do Baixo Miño (Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, Ponteareas e incluso cidadans de Portugal), Valdeorras, Carballiño e cidades tan importantes dende o punto de vista turístico, como Sarria, que recibe a moitísimos peregrinos que comezan aquí o Camiño de Santiago.

Por elo o Sector Ferroviario de CGT-Galiza denuncia as intencións de RENFE e ADIF de pechar a venda de billetes e información nestas estacións neste  2017, deixando a importantes núcleos de poboación sen o servizo presencial de información e venda de billetes, ademais de supoñer o peche das estacións que quedarían en algúns casos sen persoal.

Os traballadores destas estacións atenden unha importante cantidade de viaxeiros e recadan cantidades considerables de cartos que dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza entendemos xustifican que se manteñan abertas cara o público, garantindo un servizo ferroviario de calidade os usuarios galegos. Os datos con que contamos en CGT-Galiza son os seguintes:

























































Estación Nº Billetes vendidos ano Media recaudación mes por venda billetes Viaxeiros orixen e destino
O Carballiño 19.367 12.625 € 35.252
A Rua Petín 10.229 12.933 € 22.504
O Barco Valdeorras 14.200 15.614 € 37.823
Sarria 5.436 9.045 € 35.534
Guillarei 5.813 10.101 € 20.812
Redondela S.D. S.D. 37.702
Ribadavia 1.052 350 € 8.003
TOTAL 56.097 60.668 € 197.630

En total deixaríase de atender a mais de 50.000 persoas que o cabo do ano van a mercar billetes a estas estacións galegas, e uns 197.000 viaxeiros que o ano utilizan estas estacións como orixe ou destino, non terían persoal de información e venda a quen dirixirse, si os plans de RENFE-Viaxeiros e ADIF lévanse a efecto, como semella que vai ocorrer.

Dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza continuaremos loitando pola defensa dos postos de traballo, contra os recortes nos servizos ferroviarios de venda de billetes e atención aos uxuarios en Galiza e, en defensa dun ferrocarril publico, social e de calidade, denunciando ante a sociedade os plans de recortes de servizos nas estacións galegas que planean RENFE e ADIF, propoñendo iniciativas que esixan o mantemento dos postos de traballo e dos servizos presenciais que agora existen de venda de billetes e atención os viaxeiros e viaxeiras en Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, O Barco, A Rua e Ribadavia.

Un resumen das novas aparecidas nos xornais galegos en: https://goo.gl/nOg1n3 2

CGT de Galicia

Links:
  1. https://goo.gl/ZjTNj6.
  2. https://goo.gl/nOg1n3
Post date: 2017-02-12 17:12:02
Post date GMT: 2017-02-12 16:12:02

Post modified date: 2017-02-17 19:44:19
Post modified date GMT: 2017-02-17 18:44:19

Export date: Sat Apr 20 5:23:37 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com