CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/remata-o-xvii-congreso-confederal-da-cgt/
Export date: Thu Oct 6 8:20:04 2022 / +0000 GMT

Remata o XVII Congreso Confederal da CGT na Coruña


O sindicato aprobou no seu Congreso Confederal que se celebra na Coruña non participar nos cursos de formación subvencionados, fronte ao modelo 'burocratizado' de CC OO e UGT

O próximo 24 de outubro, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) sairá á rúa contra a reforma das pensións e pola defensa de pensións dignas e suficientes para todos/ás, nunha xornada de loita en todo o estado español. O mesmo día en que secundará a Folga Xeral convocada en todo o sector educativo, contra a LOMCE. Este mes de outubro, a CGT irá á folga ademais no ferrocarril, contra a división de Renfe e Adif, os días 28, 29, 30 e 31.

Trátase dunha serie de mobilizacións nas que o sindicato participa xunto a outras organizacións sindicais e sociais coas que comparte obxectivos fronte á agresión das políticas do Goberno e da Troika. Precisamente, a confluencia con estas organizacións afíns, tanto a nivel nacional como internacional, é un dos puntos que se debaten nesta segunda xornada congresual, onde se acordou rexeitar as subvencións por parte de organismos públicos nos cursos de formación. A CGT desmárcase así do modelo burocratizado dos sindicatos CC OO e UGT, na actualidade implicados en casos de corrupción, como os EREs en Andalucía. A xuíza Alaya admitiu finalmente a personación particular do CGT neste caso, que tamén compareceu no caso Bárcenas.

mani_20131019_001

Neste XVII Congreso participaron uns/ás 450 delegados/ás da CGT de todo o territorio, que conta con máis de 80.000 afiliados/ás e uns cinco mil delegados/ás en todo o estado. O sábado seguiron debaténdose as liñas de acción sindical e social dos próximos catro anos. CGT convocou a mais de medio milleiro de persoas nunha Manifestación na Coruña baixo o lema 'Construíndo a autoxestión', como alternativa ás continuas agresións do capital. A marcha saiu ás 20 horas dende a praza de María Pita e rematou na de Pontevedra. Hoxe domingo, na clausura, elixiuse o novo secretario xeral, cargo para o que se presentou unha soa candidatura, a do representante sindical do sector ferroviario José Manuel Muñoz Poliz.
Post date: 2013-10-20 15:00:15
Post date GMT: 2013-10-20 14:00:15

Post modified date: 2013-10-20 10:25:15
Post modified date GMT: 2013-10-20 09:25:15

Export date: Thu Oct 6 8:20:04 2022 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com