CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/primero-de-mayo-en-vigo/
Export date: Fri Mar 29 9:08:35 2024 / +0000 GMT

Primero de Mayo en Vigo


La Confederación General del Trabajo (CGT) y la Central Unitaria de Trabajadores/as (CUT) conmemoramos, un año más, el 1º de maio de modo unitario, dispuestos a reclamar los principios de justicia social e igualdad para toda la clase obrera.

Tras la manifestación habrá una comida en el MONTE DOS POZOS de Vigo y rogamos a todos/as los/as que quieran asistir se apunten lo antes posible en la lista que para tal efecto se ha habilitado en la Confederación Local de Vigo. El precio de la comida será de 20 Euros.


MANIFIESTO DO PRIMEIRO DE MAIO


A Confederación Xeral do Traballo (CGT) e a Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), unha vez máis, acudirán unidas a celebración do 1º de maio, día internacional dos traballadores e traballadoras.


Unimos as nosas forzas co obxectivo de reivindicar este día como o noso día, levando a celebración ao seu espirito orixinario:a unión do proletariado como medio de loita ante a explotación do capital.


Igual que os Mártires de Chicago daquel lonxano século XIX, pretendemos nir a nosa forza de clase para obter a dignidade e xustiza que nos corresponde. Hoxe, igual que entón, vivimos momentos de explotación capitalista que levan aos traballadores e traballadoras a xornadas laborais interminábeis, a contratos precarios, á escravización dunha man de obra cada vez máis barata e a un aumento da accidentabilidade laboral. Son precisamente estes accidentes os que nos levan a acusar directamente á Inspección de Traballo ao Goberno e á Patronal; este "triunvirato" é o responsábel dun ano negro no que podemos recordar mortos no metal, na construción, no agro... Cal foi a resposta de Inspección, Goberno e Patronal? O SILENCIO, facendo unha total deixadez de funcións, no caso das autoridades públicas, e cumplindo o seo papel explotador a patronal. A complicidade do triunvirato non fai máis que converter o asunto en terrorismo laboral, en causa criminal inmediata. Vivimos momentos dos que só poderemos sair coa unión da clase obreira, espertándonos do sono omortal do consumismo, e tendo calro que é o capital, unido ás autoridades públicas (sexan da cor que sexan) son os causants desta quebra moral, social e económica.


A CGT e a CUT propoñen coma lema para este día "LOITA E DIGNIDADE FRENTE AO GOBERNO E A PATRONAL".  Nas nosas mans está recoller o testigo e unírmonos para tomar de novo as rúas, demostrando que seguimos vivos e con conciencia do que somos, con conciencia de clase.


O camiño que nos espera e longo e difícil porque o terreo cedido polos sindicatos pactistas nos últimos trinta anos foi moito. Pero dende as nosas centrais estamos convencidos que coa solidaridade obreira, a loita e a dignidade por bandeiras sairemos desta toba na que o neocapitalismo global, e en particular a Unión Europea nos pretende pechar.


O primeiro paso darémolo o vindeiro 1º de maio na MANIFESTACIÓN que sairá ÁS 11 HORAS da PRAZA DE FERNANDO O CATÓLICO. Demostraremos que para nós este non é un día calquera, un festivo máis, senón que é o día no que retomaremos a conciencia de clase que nos fará libres. O 1º de maio é a nosa festa, o día no que temos que demostrar que existimos, que somos algo másis ca un nome nunha nómina. Sairemos a rúa e lle demostraremos á Patronal que temos poder de decisión.


 ¡¡ VIVA O 1º DE MAIO!!


¡¡ VIVA O DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES!!


 


 


 

Post date: 2008-04-23 14:07:15
Post date GMT: 2008-04-23 13:07:15

Post modified date: 2008-04-23 14:31:16
Post modified date GMT: 2008-04-23 13:31:16

Export date: Fri Mar 29 9:08:35 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com