O pasado 3 de abril a CGT de Pontevedra remitiu un escrito ós secretarios locais de CC OO, CIG, CNT e UGT para a celebración unitaria da manifestación do 1º de Maio, en base á reivindicación común, expresada na Folga Xeral, de retirada da Reforma Laboral. Este é o texto da carta remitida:

"Compañeiros: O pasado día 29 de marzo coincidimos todas as Centrais Sindicais de clase en convocar, para ise día, unha Folga Xeral contra a Reforma Laboral que nos impón o governo.
Xa pasaron cinco días e o governo segue sen amosar ningún sinal de derogación do Decreto-Lei que impuxo a Reforma.
Nestas circunstancias, a CGT considera este Primeiro de Maio como unha xornada de movilización que continúe a reivindicación común de tódalas organizacións sindicais de parar a Reforma Laboral, ata a súa completa derogación.
É por eso que vos propoñemos a celebración unitaria do Primeiro de Maio, con unha única manifestación en Pontevedra, baixo o lema que foi utilizado por todos nós na Folga Xeral do 29 de marzo: "Derogación da Reforma Laboral".
Pontevedra, a 3 de abril de 2012. O Secretario Xeral da CGT de Pontevedra."
CGT-Pontevedra

Comparte esta entrada ...