20.03.12
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Galicia convoca Folga Xeral o 29 de marzo de 2012 para defender os dereitos laborais, económicos e sociais da clase traballadora fronte á brutal agresión que estamos a sufrir.
O goberno, como os anteriores, actúa, con absoluta desvergoña e cinismo, como axente local e garante dos intereses do capitalismo internacional, europeo e nacional máis destructivo, poñendo a súa disposición todo o aparato do Estado e o monopolio da violencia que vai exercer.
Coas súas decisións –Decreto da Reforma Laboral, recorte nos gastos sociais e inversións públicas, ameaza ós servicios sociais básicos, reduccións salariais, desmerecemento da negociación colectiva, etc- amosan que solo os move o afán de perpetuar o inxusto réxime económico e político no que os ricos fanse cada día máis ricos a costa de expandir o paro, a pobreza e a desolación por todas partes. Ler máis… »
20.03.12
A CGT da Coruña apoia a manifestación que ten convocado a Coordinaroa “A Coruña en Loita” para o vindeiro domingo 25 de marzo, as 12:00 con salida do Obelisco ata a plaza de Maria Pita.
Esta convocatoria ten por obxeto “a movilización dos traballadores e traballadoras da comarca da Coruña para denunciar as medidas anti-populares coas que o goberno reaccionario do Partido Popular quere facer que á crise economica capitalista a pague a clase obreira e o pobo traballador. Temos que dar unha poderosa resposta de unidade e loita contra os despidos na Torre de Hercules, en Sykes e Atento e outras empresas do telemarqueting ou na Sanidade e administración, no metal. Só si temos conciencia que á loita decidida, polos nosos intereses de clase, é o unico camiño para derrotar á patronal e seus negros sonos de deixar sin dereitos aos traballadores e traballadoras”.
Dende a CGT da Coruña animamos a tódolos nosos afiliados e afiliadas a participar nesta manifestación, preparando o camiño para o éxito da Folga Xeral convocada para o vindeiro 29 de marzo.
20.03.12
La CGT denuncia la agresión injustificada a los derechos de 180 trabajadores del servicio técnico de ADSL a los que la empresa Atento pretende reducir hasta 5 horas semanales sus jornadas de trabajo, amparándose en una supuesta reducción de llamadas; lo que puede suponer una bajada salarial de unos cien euros en unas nóminas ya de por sí precarias que no llegan a los 800 euros al mes.
Ler máis… »
14.03.12
As mobilizacións contra do cuarto ERE no centro da empresa do telemarketing Sykes Entreprises na Coruña continúan coa participación da CGT.
Os traballadores e traballadoras están convocados a secundar paros o xoves, 15 e o mércores, 21 de marzo, nos seguintes horarios: de 11 a 12 horas e de 17 a 18 horas. Trátase de evitar unha nova perda de postos de traballo en Sykes, esixindo a Telefónica a asunción da súa responsabilidade mediante a subrogación dos afectados por este novo ERE. Os traballadores no telemarketing non somos mercancía !
06.03.12
O próximo xoves, 8 de marzo, ás 11:30 horas, terá lugar unha concentración de traballadoras da empresa conserveira ALFAGEME, da comarca de Arousa, diante do edificio do Banco Popular, no Cantón Grande, número 5, da Coruña. O motivo da concentración e esixir o desbloqueo da situación da empresa ante o Xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, coa sinatura, por parte da Banca e da Xunta de Galicia dun documento coas garantías suficientes para que o cadro de persoal se incorpore inmediatamente aos seus postos en Vilaxoán e Rubadumia nas condicións pactadas co Consorcio, o grupo conserveiro cántabro interesado en poñer en marcha a produción nas dúas factorías.
06.03.12
A CGT de Pontevedra, reunida en asamblea xeral o 5 de marzo, acorda: 1. Promover a convocatoria -xa anunciada, presentada e convocada formalmente pola CGT de Galicia, CIG, CNT e CUT – dunha Folga Xeral o 29 de marzo, para pór fin ás continuas agresións que estamos a sufrir os traballadores e o conxunto da sociedade a mans do anterior e actual goberno. En particular, contra a última Reforma Laboral (xa en vigor), os recortes en servicios sociais básicos, a persistencia de máis de cinco millóns de traballadores en paro e a ameaza, xa executada sobre millóns de familias, de condenar a pobreza e a exclusión a case un terzo da poboación nacional e emigrante no noso país. Ler máis… »
02.03.12
A CGT de Galicia, conxuntamente coas organizacións sindicais CIG, CNT e CUT, presentaron hoxe, 2 de marzo, a convocatoria formal de Folga Xeral para o 29 de marzo. O acto unitario tivo por escenario o rexistro xeral da Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia, en Santiago. No curso deste, os secretarios xerais dos catro sindicatos, exhibiron ante os medios de comunicación presentes, a decisión colectiva de impulsar a mobilización dos traballadores durante todo o mes de marzo pola Folga Xeral e ata que logremos tombar a Reforma Laboral.
27.02.12
Máis de 500 persoas manifestáronse o pasado venres, 24 de febreiro, polas rúas da Coruña contra da ditadura do capital e contra da reforma laboral, chamando á loita obreira e á Folga Xeral, nunha convocatoria conxunta da CGT e maila CUT.

Pasadas as 19,30 saía a manifestación da praza de Portugal, percorrendo ruidosamente o centro da cidade nun ambiente combativo , para rematar diante da Delegación do Goberno, na praza de Ourense.
Ao finalizar a manifestación un voceiro deu lectura ao manifesto dos sindicatos convocantes cun chamamento a activa participación nunha Folga Xeral real, que paralice o país e que constitua cumprida resposta da clase traballadora ás agresións do capital e dos gobernos.
Á manifestación adheríronse tamén o Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) e moitos integrantes das asambleas do 15-M local.
24.02.12
Frente a todos y contra todos los que, por intereses privados inaceptables y como buitres, intrigan para evitar la reanudación de la actividad conservera en las fábricas de Alfageme en Vilaxoán y Ribadumia, por más poderosos que aparenten ser, la CGT y las trabajadoras de Vilaxoán, reafirman ante la sociedad de Arousa y ante la clase obrera, su decisión de no tolerar semejante atropello. Ler máis… »
22.02.12
Coa colaboración dos gobernantes e partidos políticos, lacaios do capital máis cobizoso e coa pasividade cómplice dos sindicatos institucionalizados, a situación da clase obreira non fai máis que empeorar: máis de cinco millóns de traballadoras e traballadores están no paro (240.000 en Galicia), case dous millóns de familias teñen todos os seus membros sen traballo e están condenadas á miseria e á exclusión social, centos de milleiros están perdendo as súas vivendas, trece millóns de traballadores teñen ingresos anuais inferiores aos 12.000 euros, conxelación das pensións, posta en mans privadas e espolio do patrimonio de todos, os gobernos están recortando a educación e a sanidade públicas e prodúcese a agresión salvaxe á natureza, ao medio ambiente e á saúde das persoas.
Ler máis… »
« Entradas anteriores
» Entradas máis recentes