CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Sindical

Renfe condenada a indemnizar a CGT por vulneración do dereito á folga

03.06.11

A empresa pública RENFE-Operadora foi condenada por vulnerar o dereito de folga dun traballador de RENFE-Operadora, ao substituílo por outro traballador durante a Folga Xeral que C.G.T.-Galiza convocou contra a reforma das pensións o pasado 27 de Xaneiro.

O Xulgado do Social Nº4 de Vigo recoñeceu como feito probado que durante a citada Folga Xeral, RENFE ordenou substituír a Carlos, maquinista de Vigo afiliado á CGT que secundou a folga, con outro

Ler máis… »

A Coruña, Convocatorias

Ofrendas florais

31.05.11

Como cada ano, o vindeiro domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas da represión na folga xeral (a folga dos “consumeros”) que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.

A continuación, farase outra ofrenda no conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza dos represaliados polo franquismo.

Sindical, Vigo

CGT entra con forza en Povisa

20.05.11

A candidatura anarcosindicalista sitúase en terceira posición nas eleccións sindicais celebradas o 19 de Maio, acadando 4 delegad@s
Ler máis… »

A Coruña, Convocatorias, Orgánica

A Asemblea do SOV-Coruña, 2ª parte

13.05.11

En réxime de autoconvocatoria, o SOV da Coruña continuará a Asemblea Xeral para debater a Orde do Día do Pleno de Sindicatos de Galicia próximo, o mércores, día 18, ás 19 horas.

Orgánica, Pontevedra

Asemblea da CGT de Pontevedra

10.05.11

O luns, 23 de maio, ás 20:00 horas. A CGT de Pontevedra fará unha Asemblea Xeral para tratar a orde do día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que terá lugar en Pontevedra os días 28 e 29 do mesmo mes, de cara ao Pleno de Confederacións Territoriais da CGT que se vai celebrar en Alicante. Os libros de ponencias do Pleno de Alicante están no local de Pontevedra e Vilagarcía a disposición de todos os afiliados.

CGT – Pontevedra

A Coruña, Convocatorias, Orgánica

Asemblea da CGT da Coruña

03.05.11

O venres, 13 de maio, ás 19.00 horas, a CGT da Coruña fará unha Asemblea Xeral de afiliados na que se debatirá e a orde do día do Pleno de Sindicatos que terá lugar en Pontevedra os días 28 e 29 do mesmo mes, de cara ao Pleno Confederal de Alicante do mes de xuño.

Sindical, Vigo

1º de Maio en Vigo

02.05.11

Cerca de 2000 persoas manifestaronse onte en Vigo Contra a criminalización da clase obreira e contra o pacto social, na convocatoria conxunta das centrais sindicais CGT e CUT.

A manifestación, marcada pola combatibidade, rematou na Porta do Sol ca lectura dos manifestos dos sindicatos convocantes. No manifesto final a CGT destacou o forte retroceso en dereitos que está a padecer a clase traballadora

Ler máis… »

Sindical

Mobilización de CGT o 1º de Maio en Vilagarcía

02.05.11

Casi un centenar de persoas participaron onte na manifestación convocada por CGT para este 1º de Maio en Vilagarcía. Encabezados pola pancarta “Contra a política económica e social do goberno … a loita continúa” os manifestantes recorreron as rúas de Vilagarcía, dende a Praza Ravella ata a Praza de Galicia, onde o Secretario da comarcal de Pontevedra e Arousa pechou o acto reivindicativo cun mitin sobre o significado na actualidade –temporal e xeográfica- desta data de solidariedade e mobilización obreira internacional.

CGT-Arousa

A Coruña, Sindical

1º de maio na Coruña

01.05.11

Ás doce e cuarto do mediodía, da Praza de Pontevedra da Coruña, saía a manifestación do Primeiro de Maio convocada conxuntamente pola CGT e a CUT. Tras a cabeceira, que tiña como lema “Contra o paro e o capital, chegou a hora da rebelión”, uns trescentos manifestantes percorreron as rúas máis céntricas da cidade para amosar o seu radical rexeitamento á situación actual.

“Comisións, UXT, sindicatos do poder”, “Unión, acción, autoxestión, chegou a hora da rebelión”, “Contra o paro, contra os despidos, contra os EREs, contra o capital, contra o pensionazo, loita obreira”, “Obreiro despedido, patrón colgado”, “Obreira despedida, patrón colgado“, e berros pola acción directa foron as consignas máis coreadas.

A manifestación fimalizou, pasada a unha da tarde, na Praza do Humor, onde se leron os manifestos das dúas organizacións sindicais. Para rematar, cantáronse “A las barricadas” e “A Internacional”, e se deron vivas ao Primeiro de Maio, á CGT, á Clase Obreira e ao Comunismo Libertario.

Sindical, Vigo

Amarante Setem recoñece dous despidos improcedentes despois de sete meses de conflicto laboral

29.04.11

Nengunha das catro traballadoras que se viron inmersas no conflicto continúa traballando na ONG.

No mes de setembro de 2010 foi despedida a única traballadora indefinida da entidade utilizando a figura de despido obxectivo, figura regulada polo estatuto dos traballadores que se fixo “popular” pola lectura laxa que dela se fai a través da reforma laboral…

Ler máis… »

« Entradas anteriores
» Entradas máis recentes

Convocatorias:

  • Febreiro 2012
    Lun Mar Mér Xov Ven Sab Dom
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    272829EC
  • Opinión

    Esos desalmados

    11.12.07

    Iba a escribir sobre la mortandad de truchas y escalos que se produjo los días 9 y 10 de Noviembre en el pantano de Fervenza, sobre el río Xallas, en donde la voracidad explotadora del empresario, del concesionario privado de un bien público como es el río, llevó al agotamiento del agua en un momento [...]

    Constitución Española: 29 años de fraude

    05.12.07

    El seis de diciembre se cumplieron 29 años de la aprobación, en referéndum, de la Constitución Española. Se llenarán las bocas de los políticos de palabrería, nos hablarán de la modélica transición española, nos darán la lata con la democracia y las libertades… pero nos hurtarán, como en otras muchas cosas, la memoria.
    Pero algunos nos [...]

    Colaboracións

    O capitalismo é un depredador que morrerá matando

    08.12.08

    …Como matando viviu, ben é certo. Pero os mortos e outros damnificados colaterais (lateral, foxo, sanguenta cuneta) producidos pola súa idolatría a Mammon eran previstos subprodutos no medre do seu organismo omnívoro, na súa carreira cara o crecemento orgánico-económico, ao xeito do Sen-Cara da película de Miyazaki, devorando a moitos no seu imparable medre para [...]

    »Envía a túa colaboración

    En Rojo y Negro dixital:

    Memoria libertaria na Galiza

    Memoria libertaria

    Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

    Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

    Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux