CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/ofrendas-florais/ Export date: Wed Dec 11 15:30:29 2024 / +0000 GMT |
Ofrendas floraisComo cada ano, o vindeiro domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas da represión na folga xeral (a folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901. A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio. A continuación, farase outra ofrenda no conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza dos represaliados polo franquismo. |
Post date: 2011-05-31 17:17:51 Post date GMT: 2011-05-31 16:17:51 Post modified date: 2011-05-31 17:17:51 Post modified date GMT: 2011-05-31 16:17:51 |
Export date: Wed Dec 11 15:30:29 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |