CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/o-enterro-de-correos-en-compostela/
Export date: Fri Apr 19 19:45:06 2024 / +0000 GMT

O "enterro de Correos" en Compostela




O día 24 as seccións de CGT de Correos da Zona 1 protestarán polo que consideran "O enterro de Correos". Estades convidad@s ao velorio que se levará a cabo ás 12:00 na Praza Vermella, ás 13:00 na Praza do Toural e rematando ás 13:45 diante da dirección da Zona 1, na rúa do Franco, 4.

Esixirase mellor servizo postal no rural, a cobertura de todas as prazas, o fin da precariedade e un sistema de contratación transparente.

Agardamos representantes de León, Asturies, A Coruña, Ourense e Pontevedra, nunha primeira acción que pretende coordinarse con outras en todo o Estado.

ACUDE A TENTAR REVIVIR O SERVIZO POSTAL, PÚBLICO E DIGNO!!

Seccións Sindicais da CGT de Correos

Post date: 2017-03-23 14:14:01
Post date GMT: 2017-03-23 13:14:01

Post modified date: 2017-03-27 17:29:04
Post modified date GMT: 2017-03-27 16:29:04

Export date: Fri Apr 19 19:45:06 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com