CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/o-banco-santander-rendese-ante-a-mobilizacion-da-cgt/ Export date: Wed Dec 11 12:59:12 2024 / +0000 GMT |
O Banco Santander réndese ante a mobilización da CGTA CGT da Coruña comunica que, tras meses de mobilizacións, o Banco Santander aceptou retirar o traslado forzoso do compañeiro Carlos, que fora obrigado pola empresa a trasladarse desde Ferrol ata Viveiro, a 120 quilómetros do seu domicilio, A Coruña. Carlos está a prestar os seus servizos en xornada reducida por conciliación laboral, xa que ten que coidar dunha filla pequena. Cando pechou a sucursal na que traballaba, en lugar de recolocalo como aos seus compañeiros, foi destinado forzoso a Viveiro. Carlos pediu ser destinado a Coruña, que é onde vive, varias veces durante os últimos anos, sen que a empresa atendese a súa petición a pesar de haber prazas vacantes. Onte, día 12, tiña que ser o xuízo do caso. Previamente á vista, a empresa, tras facer varios ofrecementos económicos para que Carlos abandonase o banco, que foron rexeitados polo traballador, acabou ofrecendo a retirada do traslado, que si foi aceptada. Para a CGT, con esta decisión o Banco Santander repara só parcialmente a inxustiza cometida con Carlos, xa que seguiremos reclamando que o compañeiro sexa destinado a Coruña canto antes. Soamente a teimudez da empresa provocou esta situación esperpéntica. Para a CGT, o resultado desta loita demostrou que esta serve e que a mobilización pode ser eficaz se é constante e non se desfalece. A LOITA DE CARLOS É A DE TOD@S! CARLOS Á CORUà‘A, XA! Comité Local da CGT da Coruña |
Post date: 2016-12-13 18:44:36 Post date GMT: 2016-12-13 17:44:36 Post modified date: 2016-12-13 18:44:36 Post modified date GMT: 2016-12-13 17:44:36 |
Export date: Wed Dec 11 12:59:12 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |