CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/novas-mobilizacions-en-extel-na-coruna-contra-os-despedimentos/
Export date: Sat Apr 20 2:47:31 2024 / +0000 GMT

Novas mobilizacións en Extel na Coruña contra os despedimentos.


concentracion_extel_webOs traballadores e traballadoras do centro que EXTEL (empresa do sector do telemarketing) ten na cidade da Coruña veñen sufrindo dende hai algún tempo unha intolerable sangría de sancións e despedimentos con presunto apoio legal na última reforma laboral perpetrada polo goberno.

Por isto, o Comité de Empresa, ten acordado por unanimidade emprender novas mobilizacións contra estas reiteradas agresións da empresa. Así, o vindeiro 3 de Xaneiro celebrarán unha Asamblea Informativa, en dúas quendas, ás 14 e ás 16 horas no Salón de Actos do edificio de sindicatos sito na Avenida de Alfonso Molina.

Asemade, se teñen convocado paros dunha hora en cada quenda de traballo para o vindeiro  martes, 8 de Xaneiro, entre as 11:30 e as 12:30 na quenda da mañá, e entre as 18:30 e as 19:30 na quenda da tarde.

A sección sindical da CGT da Coruña en EXTEL fai un chamamento a todos os traballadores e traballadoras a superar os medos e amosar a unidade na loita e a firmeza na decisión de non tolerar ningún outro despedimento.

Mais información no Blog da Sección Sindical da CGT en EXTEL na Coruña 1

Sección Sindical da CGT en EXTEL Coruña
Links:
  1. http://cgtextelcoruna.blogspot.com.es/
Post date: 2013-01-02 14:09:25
Post date GMT: 2013-01-02 13:09:25

Post modified date: 2013-02-21 11:16:53
Post modified date GMT: 2013-02-21 10:16:53

Export date: Sat Apr 20 2:47:31 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com