|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/nova-concentracion-contra-o-banco-santander-en-apoio-de-carlos/ Export date: Wed Nov 26 12:38:26 2025 / +0000 GMT |
Nova concentración contra o Banco Santander en apoio a Carlos A CGT da Coruña convoca a súa afiliación e simpatizantes a unha nova concentración diante da sede do Banco Santander na Coruña, no Cantón Pequeno, número 15-17, o próximo mércores, día 5 de outubro, ás 13:00 horas.A causa desta mobilizacióh é a inxusta decisión da empresa de trasladar a Carlos, un compañeiro que vive na Coruña e traballa en Ferrol a pesar de estar con xornada reducida por ter unha filla á que atender, a Viveiro, facendo imposible dunha forma definitiva a súa conciliación. Ante este abuso da empresa, non podemos estar quedos. O SANTANDER CASTIGA A QUEN CONCILIA! CONTRA OS ABUSOS DA EMPRESA, SOLIDARIEDADE! Comité Local da CGT da Coruña Máis información picando aqui 1 |
Links:
|
|
Post date: 2016-09-30 17:23:46 Post date GMT: 2016-09-30 16:23:46 Post modified date: 2016-09-30 17:36:55 Post modified date GMT: 2016-09-30 16:36:55 |
|
Export date: Wed Nov 26 12:38:26 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |