|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/mobilizacions-da-cgt-en-correos-na-coruna/ Export date: Wed Oct 29 21:15:04 2025 / +0000 GMT |
Mobilizacións da CGT en Correos na Coruña Os compañeiros e compañeiras da CGT en Correos na Coruña desenvolverán durante toda a semana diferentes accións reivindicativas co obxectivo de informar á cidadanía da actual situación do servizo público postal na cidade coruñesa, denunciando os recortes que se están a producir. No ano 2013 Correos reduciu na Coruña o número de prazas de reparto, chegando no día de hoxe xa a 17 prazas de repato perdidas na cidadeAs accións comezan o luns 16 de decembro, ás 17 horas coa presentación pública da campaña nun acto informativo na AAVV de Monte Alto, no que se trasladará á veciñanza a preocupación da CGT pola redución das prazas asignadas para ese barrio. O día 17 de decembro, ás 9 horas terá lugar unha manifestación festiva diante da oficina principal de Correos na Coruña (UR1), na rúa de Alcalde Casás, e o mércores, día 18 de decembro haberá unha concentración, tamén ás 9 horas, na oficina da rúa de Vizcaia (UR2). Durante o resto da semana se sucederán accións no resto das oficinas, reparto de material informativo, ... Mais información no blogue da CGT en Correos na Coruña. CGT en Correos na Coruña |
|
Post date: 2013-12-16 21:40:45 Post date GMT: 2013-12-16 20:40:45 Post modified date: 2013-12-16 21:40:45 Post modified date GMT: 2013-12-16 20:40:45 |
|
Export date: Wed Oct 29 21:15:04 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |