CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/metal-demsu-movilizacions-contra-o-despido-do-noso-companeiro/
Export date: Sun May 19 23:29:14 2024 / +0000 GMT

Metal- DEMSU- Movilizacións contra o despido do noso compañeiro


O pasado 19 de Xuño a Confederación Xeral do Traballo de Vigo realizamos unha concentración nas portas da empresa Vicalsa no camiño do Caramuxo de Vigo esixindo a readmisión do noso compañeiro Fernando Collazo despedido da empresa Demsu e o fin da represión os traballadores e traballadoras desta empresa especialmente ós afiliados a CGT. A concentración que comezou as 10:30 da maña conto coa participación de numerosos/as militantes deste sindicato e traballadores de Demsu. Amosamos unha faixa onde podía lerse VICALSA-DEMSU NIN DESPIDOS NIN REPRESIÓN e berramos consignas de apoio os compañeiros represaliados en Demsu. O mesmo tempo fixemos entrega dun escrito dirixido a Julio Gómez Rodriguez, xerente de Vicalsa onde solicitabamos a súa intervención para resolver o conflicto. Tamén entregamos outro escrito ó comité de empresa no que solicitabamos a súa solidariedade en esta loita.



Tamén o pasado 26 de Xuño concentrámonos ás portas da Asociación de empresarios de Mos-AEMOS polo mesmo motivo coincidindo cun pleno do concello no mesmo lugar e entrégamos escrito solicitando a intervención da xunta directiva de AEMOS pola súa evidente responsabilidade neste conflicto. Ata o día de hoxe non recibimos ningunha resposta desta xunta directiva.



O día 3 de xullo fixemos outra concentración as portas da empresa HERMANOS ALFARO en Vigo e VILAR CASTRO HERMANOS C.B. na Coruña. Estas dúas empresas como tamén VICALSA xunto con DEMSU e outras forman o grupo empresarial AGMMA.



O 8 de Xullo volvemos concentrarnos en AEMOS coincidindo coa visita do Conselleiro de Traballo D. Ricardo Jacinto Varela Sánchez e o delegado provincial de traballo D. Pedro Borrajo Rivas a esta asociación empresarial. Durante o acto entrevistámonos co Conselleiro, o delegado provincial e a alcaldesa de Mos comprometéndose todos eles a transmitir a DEMSU a súa preocupación polo conflicto e solicitar á readmisión do noso compañeiro.



Post date: 2008-07-09 11:46:27
Post date GMT: 2008-07-09 10:46:27

Post modified date: 2008-07-09 11:46:27
Post modified date GMT: 2008-07-09 10:46:27

Export date: Sun May 19 23:29:14 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com