CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/metal-a-todolos-traballadores-do-metal-sen-convenio-propio/ Export date: Fri May 2 0:30:04 2025 / +0000 GMT |
Metal- A tódolos traballadores do metal sen convenio propioOs Sindicatos e a patronal do sector do metal da provincia de Pontevedra, veñen de firmar as táboas salariais para o ano 2008. estas táboas seguen a sen corrixir as irregularidades denunciadas pola CGT e que obrigaron a una das asinantes a presentar o Conflicto Colectivo. O artigo 55 do Convenio Provincial do Metal, di textualmente: "O plus de transporte incorporase o salario base en partes proporcionais durante a vixencia deste Convenio, extinguíndose completamente na data 31/12/2008..." Este era o acordo asinado, mais a hora de levalo a practica reinterpretouse beneficiando a unha das partes, a patronal. En lugar de pasar o plus de transporte proporcionalmente o salario base, foron pasando a cantidade que a patronal determinou. O incremento do salario base, según o acordado, para o ano 2007 é o IPC mais 1.5% e para o 2008 o IPC mais 1%, mentres co plus de transporte tan so incrementase no IPC. Tendo en conta estes datos neste intre a cada traballador se lle adeuda unha cantidade superior os 44 euros e os eventuais próxima os 47 euros. gracias os nosos representantes, elixidos para velar polos nosos intereses, cada un de nos deixou de percibir unhas 7000 das antigas pesetas. GRUPO 5 NIVEL A 2007 SALARIO/MES = 1135.99 DEBERÍA COBRAR = 1139.08 2008 SALARIO/MES = 1204.98 DEBERÍA COBARAR = 1205.04 GRUPO 6 NIVEL A 2007 SALARIO/MES = 1050.95 DEBERÍA COBRAR = 1054.03 2008 SALARIO/MES = 1115.51 DEBERÍA COBARAR = 1115.57 CONVOCAMOS A TÓDOLOS TRABALLADORES DO SECTOR A UNA ASAMBLEA INFORMATIVA, O XOVES DÍA 31 DE XANEIRO, AS 19:30 NO LOCAL DO SINDICATO, RÚA URZÁIZ Nº 73 ENTRECHÁN-DEREITA. TELÉFONO 986431476 |
Post date: 2008-01-23 18:49:05 Post date GMT: 2008-01-23 17:49:05 Post modified date: 2008-01-23 18:52:46 Post modified date GMT: 2008-01-23 17:52:46 |
Export date: Fri May 2 0:30:04 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |