CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/marea-branca-en-defensa-da-sanidade-publica-o-19-de-xullo/
Export date: Thu Mar 28 13:30:24 2024 / +0000 GMT

"Marea Branca" en defensa da sanidade pública o 19 de xullo


CARTELcgt_sANIDADEA CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 19 de xullo nunha nova "Marea Branca" convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema "A sanidade non se vende, deféndese!" esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública 1, da que fai parte a CGT da Coruña, por unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade: contra o peche de 1200 camas hospitalarias, contra a privatización da sanidade, polo dereito a vacinas e medicinas para todos e todas, … Na cidade de Compostela, a concentración terá lugar, o mesmo día e á mesma hora, na Praza do Toural.

Comité Local da CGT da Coruña

Links:
  1. https://defensasanidade.wordpress.com/
Post date: 2015-07-16 11:47:42
Post date GMT: 2015-07-16 10:47:42

Post modified date: 2015-07-16 12:12:41
Post modified date GMT: 2015-07-16 11:12:41

Export date: Thu Mar 28 13:30:24 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com