|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/manifestacion-na-coruna-o-dia-8/ Export date: Wed Nov 26 13:31:15 2025 / +0000 GMT |
Manifestación na Coruña o día 8 O próximo día 8, martes, a CGT fará unha manifestación que sairá ás 19:30 horas da Praza de Vigo da Coruña, para rematar diante da Delegación do Goberno.A CGT convoca esta manifestación dentro da Xornada de Loita convocada pola organización confederal para protestar polas medidas e recortes antisociais do goberno, así como do anuncio dunha nova reforma laboral que recaerá, como todas as anteriores sobre os traballadores e as clases máis desfavorecidas da sociedade. Para este sindicato, a convocatoria dunha Folga Xeral é imprescindible para variar o rumbo destas decisión e para que se faga recaer o peso da crise sobre os directos responsables da mesma. |
|
Post date: 2010-06-04 20:44:17 Post date GMT: 2010-06-04 19:44:17 Post modified date: 2010-06-04 20:48:49 Post modified date GMT: 2010-06-04 19:48:49 |
|
Export date: Wed Nov 26 13:31:15 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |