CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/manifestacion-en-madrid-por-un-ferrocarril-publico-e-social-non-a-privatizacion/
Export date: Sat Dec 3 15:21:07 2022 / +0000 GMT

Manifestación en Madrid por un ferrocarril público e social. Non á privatización


cartel_ferrocarril_mani_madrid_20130629A CGT ten convocado manifestación en Madrid para o vindeiro día 29 de xuño, que sairá ás 12 horas da Estación de Atocha e rematará na Porta do Sol. As mobilizacións, que ata agora se viñan plantexando descentralizadamente, pretenden non só a defensa dos empregos ferroviarios, ante os ERE"s anunciados en RENFE e ADIF, os recortes en Cremonini, polo futuro dos traballadores e traballadoras de Contratas Ferroviarias, Servizos Auxiliares, Comfersa, etc..., as habilitacións para o persoal da extinta FEVE, senón tamén a protesta pola inminente liberalización do ferrocarril, as supresións de trens de media distancia, o peche de liñas, a fragmentación de ADIF e RENFE.
Para a CGT sobran os motivos para a mobilizacións, por iso chama á participación masiva na manifestación do 29 de xuño, e anuncia a convocatoria de folgas en todo o sector ferroviario nos meses de xullo e agosto.
Dende a CGT da Coruña se está a organizar o desprazamento de compañeiros e compañeiras á manifestación de Madrid, polo que os traballadores e traballadoras interesadas deben poñerse en contacto, o antes posible, coas Seccións Sindicais ou directamente coa Federación Local para anotarse.

Mais información: Sindicato Federal Ferroviario da CGT 1
Links:
  1. http://www.sff-cgt.org/actualidad.php?ind=86
Post date: 2013-06-19 09:57:56
Post date GMT: 2013-06-19 08:57:56

Post modified date: 2013-06-19 12:23:59
Post modified date GMT: 2013-06-19 11:23:59

Export date: Sat Dec 3 15:21:07 2022 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com