CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/manifestacion-de-traballadores-de-atento-coruna-contra-os-despidos-e-os-traslados/
Export date: Fri Mar 29 15:07:31 2024 / +0000 GMT

Manifestación de traballadores de Atento Coruña contra os despidos e os traslados



Arredor do medio milleiro de traballadores e traballadoras de Atento Coruña -empresa de telemárquetin filial de Telefónica-, convocados pola CGT, percorreron onte á noite en manifestación as rúas do centro da Coruña en protesta polos 84 despidos do servizo 11822 e outros 26 traslados forzosos á delegación da empresa en León. Ante a inutilidade da suposta intervención das autoridades laborais e políticas, a falsa negociación coa empresa non deu froito algún e os traballadores amosaron nas rúas a raiba contida e a demanda de readmisión dos compañeiros despedidos, loitando contra o desmantelamento paulatino do centro de traballo da Coruña que están a levar a cabo Atento e Telefónica, co silencio complice de autoridades, politicos e mesmo dalgunha central "sindical".

CGT A Coruña
Post date: 2008-12-13 13:55:41
Post date GMT: 2008-12-13 12:55:41

Post modified date: 2008-12-13 14:04:25
Post modified date GMT: 2008-12-13 13:04:25

Export date: Fri Mar 29 15:07:31 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com