CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/manifestacion-contra-os-recortes-e-o-desmantelamento-dos-servizos-publicos/
Export date: Mon Apr 29 3:06:18 2024 / +0000 GMT

Manifestación contra os recortes e o desmantelamento dos servizos públicos


A CGT da Coruña, unitariamente co resto de sindicatos da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, convoca á manifestación que o próximo luns, día 15 de outubro, ás 19:00 horas, sairá da Praza de Pontevedra da Coruña co obxectivo da manifestación é a de amosar a nosa protesta polos recortes antisociais do gobernos e polo desmantelamento dos Servizos Públicos, que están afectando aos sectores máis débiles da poboación. Ao mesmo tempo, están entregando nas más privadas o que ata agora era de todos (transporte ferroviario, sanidade, educación), roubándonos o que nos custou décadas acadar. Estas políticas ocúpanse dos pobres banqueiros, pero nos recortan dereitos laborais e sindicais, nos baixan as prestacións do paro, fannos pagar máis polas menciñas, recortan salarios e pagas, déixannos sen vivendas... Non podemos consentir que nos sigan esquilmando e temos que paralos. E entre todos podemos.

BASTA XA DE MENTIRAS E DE RECORTES!

TODOS Á RÚA O DÍA 15!
Post date: 2012-10-09 17:20:47
Post date GMT: 2012-10-09 16:20:47

Post modified date: 2012-10-09 17:20:47
Post modified date GMT: 2012-10-09 16:20:47

Export date: Mon Apr 29 3:06:18 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com