CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/manifestacion-contra-a-represion-sindical-en-citroen/
Export date: Sat Apr 20 15:53:43 2024 / +0000 GMT

Manifestación contra a represión sindical en Citroà«n


Este sábado 12 de febreiro ás 12:00 dende a rotonda do Alcampo de Coia ata a porta da factoría de PSA-Citroà«n da zona franca.

Convócase a todos/as os/as afiliados/as e simpatizantes a esta importantísima marcha pola dignidade e contra as agresións á CGT por parte da multinacional francesa.



Tres afiliados á Confederación foron despedidos no último mes.

A dirección de Citroà«n despediu, en menos dun mes, a tres afiliados da CGT. Demasiada coincidencia, como para crer que é froito da casualidade.

O día 25 de novembro, produciuse o primeiro despido dun compañeiro da CGT, a empresa argumentou que o sancionou por absentismo continuado. En realidade trátase de baixas por enfermidade sempre xustificadas.

Os días 17 e 20 de decembro a empresa despediu a dous traballadores máis, afiliados tamén á CGT, pola súa actividade sindical.

Estaba claro que, mais aló dos motivos legais esgrimidos para levar a cabo estes despedimentos, o que a Dirección buscaba era "concienciar" a toda a CGT, do único xeito que sabe facelo: represión e despidos.

O que en realidade aconteceu é que nas últimas eleccións sindicais a CGT gañou un laudo que establecía que todo o proceso electoral tiña tal cantidade de vicios graves que debía ser anulado na súa totalidade. Daquela e ante a posible paralización do proceso electoral, a dous días da votación, a empresa ofertou á CGT unha mellora nas súas relacións coa empresa,  a cambio de renunciar á execución do laudo. A CGT dixo que NON. É precisamente por ter dito NON agora a empresa despide a tres compañeiros da CGT.

A EMPRESA trata de coidar a súa imaxe cara o exterior, transformándose dentro da fábrica e reprimindo a tod@s aqueles/as que loitan por unhas condicións de traballo mellores. O desafío dunha Sección Sindical sen tan sequera representación, non soamente fai abanear a transparencia do proceso de eleccións sindicais nesta empresa, se non que, aínda por riba, foi quen de dicirlle que NON á súa oferta nun "cambio" nas relacións coa CGT.

A Sección Sindical e a totalidade do Sindicato, vai loitar con todas as súas forzas contra este ataque non só pol@s compañeir@s despedid@s se non pola liberdade sindical de tod@s @s traballadoras/es desta empresa
Post date: 2011-02-08 08:58:15
Post date GMT: 2011-02-08 07:58:15

Post modified date: 2011-02-10 08:56:50
Post modified date GMT: 2011-02-10 07:56:50

Export date: Sat Apr 20 15:53:43 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com