CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/mais-mobilizacions-en-atento-a-coruna/
Export date: Sun May 19 22:05:06 2024 / +0000 GMT

Máis mobilizacións en Atento A Coruña




Continúan as mobilizacións convocadas polo comité de empresa, do que forma parte a CGT, no centro de traballo de Atento na Coruña. O vindeiro luns, 3 de setembro, haberá concentracións ás 12 e ás 18 horas ás portas do centro de traballo en Juan Flórez. Desta vez, as mobilizacións servirán para quentar motores cara unha próxima manifestación que terá lugar o 10 de setembro ás 18 horas, e que sairá desde a sede da empresa percorrendo as principais rúas da cidade co lema "Atento: 20 anos en loita contra a explotación laboral"

En efecto, este mes de setembro cúmprense 20 anos da apertura do centro de atención de chamadas na cidade. Vinte anos de precariedade e constantes conflictos laborais. A última das agresións perpetrouse hai só unha semana, cun novo e infame despido dun compañeiro que traballaba no servizo 1002 de avarías de Telefónica/Movistar, empresa cliente para a que traballamos case que de forma exclusiva, ás veces responsable directa das tropelías sofridas e outras cómplice necesaria ao longo destes anos.

O luns día 3 faremos unha escenificación -colorida e ruidosa- dos 20 anos que levamos en loita, resistindo os envites como mellor podemos e sabemos facer: saíndo á rúa a denunciar os abusos e a tiranía de Atento e Movistar.

A empresa segue sen dar visos de querer atender as nosas xustas e razoables reivindicacións e mentras isto siga así continuaremos nas rúas loitando por un traballo digno e saudable.

Sección sindical Atento de CGT na Coruña

Post date: 2018-08-31 16:57:13
Post date GMT: 2018-08-31 15:57:13

Post modified date: 2018-08-31 16:59:14
Post modified date GMT: 2018-08-31 15:59:14

Export date: Sun May 19 22:05:06 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com