CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/jordi-sevilla-e-un-inimigo-dos-traballadores-publicos-segundo-a-cgt-da-coruna/ Export date: Wed Nov 6 8:04:33 2024 / +0000 GMT |
Jordi Sevilla é un inimigo dos traballadores públicos, segundo a CGT da CoruñaA CGT da Coruña, ante as declaracións do ministro Jordi sevilla no diario Expansión 1, quere manifesta-lo seguinte: a) é unha burla dicir que na administración pública se avaliará o traballo de todos: "El jefe evalúa al subordinado, y éste al jefe, y los compañeros entre sí". Somente desde a desvergoña se pode decir semellante tontería. b) O ministro tamén dí que "En estos años hemos subido los salarios por encima del objetivo de inflación [el 2%], pero creo que no es adecuado vincular de manera obligatoria, a través de una cláusula de revisión salarial, la subida salarial de los funcionarios con la inflación". Fai falta ter un rostro moi duro para defender sin ruborizarse que os funcionarios non temos que mante-lo poder adquisitivo. Ademáis o motivo que dá é que "No, no, es que los funcionarios no son como los demás trabajadores", é dicir, que as hipotecas, garderías, supermercados, etc. dos traballadores públicos son distintos ó do resto dos mortais. En definitiva, ó ministro Sevilla gústalle saír máis nos papeis que a un bobo unha tiza, pero non entendemos que esta afición a teñamos que soporta-los empregados públicos. Desde o éxito mediático do propagandístico "Plan Concilia", nunca se veu o ministro en tantos sitios. Jordi, ¡vai traballar! CGT da Coruña - Admón. Pública  |
Links:
|
Post date: 2007-02-07 19:07:30 Post date GMT: 2007-02-07 18:07:30 Post modified date: 2007-02-07 19:08:23 Post modified date GMT: 2007-02-07 18:08:23 |
Export date: Wed Nov 6 8:04:33 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |