CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/i-congreso-do-sindicato-de-limpezas-e-mantenemento-da-cgt-de-vigo/ Export date: Thu May 1 12:14:55 2025 / +0000 GMT |
I Congreso da Federación de Limpeza e Mantemento da CGT![]() Marcaranse as pautas a seguir na Negociación Colectiva destes sectores, inmersos nestes momentos nunha redución considerable dos orzamentos que as distintas administracións públicas e empresas privadas dedican á prestación destes servizos, o que está xa producindo un empeoramento da calidade do servizo público que prestamos e, nalgúns casos, recortes de persoais que prexudican aos/as traballadores/as e aos/as cidadáns/as. Trataranse temas como a formación e cualificación profesional do sector en xeral e dos/as Representantes de CGT nas empresas, e as próximas Eleccións Sindicais, onde esperamos que CGT aumente a súa representatividade e poida seguir levando aos/as traballadores/as a súa mensaxe de reivindicación e de loita social necesaria, por que con salarios, en moitos dos sectores indicados, por baixo dos 1000€ ao mes non se pode ser conformista. O Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo (SLMV), actúa como anfitrión nesta importantísimo acto da FELM. O feito de celebrar en Vigo o seu primeiro congreso estatal, da idea do apoio e da confianza que a totalidade dos Sindicatos de Limpeza e Mantemento do estado teñen no Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo. Sindicato de recente creación, pero cun forte crecemento e implantación no seu Sector. Valga como exemplo o feito de acadar a maioría absoluta na empresa concesionaria da limpeza no centro de traballo de PSA Peugeot-Citroà«n. ![]() |
Post date: 2010-06-03 19:10:09 Post date GMT: 2010-06-03 18:10:09 Post modified date: 2010-06-11 21:58:37 Post modified date GMT: 2010-06-11 20:58:37 |
Export date: Thu May 1 12:14:55 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |