CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/folgas-ferroviarias-en-renfe-galicia/ Export date: Wed Nov 6 9:06:11 2024 / +0000 GMT |
Folgas ferroviarias en Renfe GaliciaUnha vez que os Ministerios de Facenda e Fomento aproban taxas de reposición ridículas que non solucionan os problemas estruturais do Grupo Renfe e a empresa mantén unha actitude de intransixencia, @s traballador@s só quédanos un camiño, a mobilización. É principio e deber de calquera Sindicato defender, ata onde a razón esixe, os dereitos laborais dos seus representade@s; polo que CGT vai canalizar todo o enfado e a rabia d@s traballadores/as e enfrontalos á tozudez da Dirección e o Ministerio convocando paros ao longo do período estival. CGT convocou paros nas seguintes datas e horarios: Día 31 de JULIO, de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00. Día 14 de AGOSTO, de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00. Día 30 de AGOSTO, de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00. Día 1 de SETEMBRO, de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00. Con estes paros, CGT busca un aumento dunhas taxas de reposición de plantilla que conduzan :
Así mesmo aumentan os trens que circulan sen Interventor por falta de persoal. En 2018 circularon en Galiza 5.200 trens de Media Distancia sen persoal de comercial abordo, a maioría entre Coruña e Vigo e no primeiro semestre de 2019 xa circularon 2.480 mantendose a tendencia.
Serían moitos os exemplos que inciden nas extensas carencias producidas pola falta de cadro de persoal e as taxas de reposición máis que insuficientes, que non son capaces de manter e garantir a prestación duns servizos de calidade e garantes dun ferrocarril para a mayoría de cidadáns. Derivado desta falta de persoal, chegouse á imposibilidade de cumprir o espírito do Real Decreto 6/2018 que é o aumento de emprego e a conciliación familiar polo que se tería que reducir a xornada laboral semanal a 37.5 h. porque de maneira unilateral, Renfe impuxo unha redución de xornada con 17 minutos diarios de reaxuste e dous días ao ano que máis do 80% do persoal non poderá gozar nas datas que sinalaron. Sector Ferroviario da CGT de Galicia |
Post date: 2019-07-29 17:56:06 Post date GMT: 2019-07-29 16:56:06 Post modified date: 2019-07-29 18:21:34 Post modified date GMT: 2019-07-29 17:21:34 |
Export date: Wed Nov 6 9:06:11 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |