CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/ferrol-cgt-entra-con-forza-no-comite-de-empresa-de-navantia/ Export date: Thu May 1 4:51:56 2025 / +0000 GMT |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
[Ferrol] CGT entra con forza no Comité de Empresa de Navantia![]() A CGT obtivo 3 delegados nas eleccións sindicais de onte, Xaquín García Sinde e Javi Losada, por Técnicos, e Vicente Ferrer, por Man de obra. Ademais, superamos en votos á UGT globalmente e tamén superamos á CIG no colexio de Técnicos. Tódolos inicios son difíciles, e máis nunha fábrica de tanta tradición sindical como a nosa. Por tanto, estes 3 delegados é un resultado moi digno (e sen chamadas telefónicas nin visitas de última hora ós afiliados). Agradecemos a tódalas persoas que nos votaron o apoio a un sindicalismo de clase coherente e a confianza depositada na CGT. Os resultados globais son:
Como se ve, CCOO sufre un severo retroceso, perdendo 2 delegados. É a primeira vez que CCOO baixa dos 10 delegados e tamén do 40% dos votos. De feito, CCOO deixouse nestas eleccións nin máis nin menos que dez puntos porcentuais, baixando dun 47% en 2015 a un 37% agora. Pero hai outro dato a destacar: a CGT quedou a só un voto de obter un cuarto delegado (que perdería UGT en Man de obra). De ter ocorrido isto, significaría que, por primeira vez, CCOO e UGT non sumarían maioría absoluta, abríndose así a posibilidade teórica de que CCOO incluso chegase a perder a presidencia do comité de Ferrol. Non estamos nesta posibilidade por un só voto, pero en calquera caso este dato ilustra moi ben a tendencia ó declive dos sindicatos que nos últimos anos están a colaborar coa empresa no recorte dos dereitos dos traballadores, UGT a raíz do IV Convenio e CCOO a raíz do Convenio único. Por iso estes resultados tamén representan un claro rexeitamento dos traballadores á dirección de Navantia, cuxos intentos de interferir nestas eleccións foron descarados: fraude no censo electoral na factoría de San Fernando (inflado pola empresa con xente de Cartagena), parcialidade escandalosa do xefe de Persoal de Ferrol, que actuou como tal dende a presidencia da Mesa electoral central (toda a chafallada do voto "delegado", que finalmente non se contabilizou), anuncios de promocións e aumentos salariais no día de onte... Pero a xente non é tan parva como algúns se pensan, e estas manobras tiveron o efecto contrario ó buscado. Para analizar estes resultados en profundidade e decidir os seguintes pasos a dar pola CGT, convocamos unha: Â ASEMBLEA DE AFILIADOS/AS E SIMPATIZANTES o xoves 11 ás 10:00 h. no salón de plenos do comité Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Post date: 2019-07-10 07:44:56 Post date GMT: 2019-07-10 06:44:56 Post modified date: 2019-07-10 17:34:28 Post modified date GMT: 2019-07-10 16:34:28 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Export date: Thu May 1 4:51:56 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |