CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/exposicion-sobre-as-pedagoxias-libertarias-en-pontevedra/ Export date: Thu May 1 12:41:09 2025 / +0000 GMT |
Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias, en PontevedraO vindeiro luns, 10 de maio, ás 19:00 horas, no Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo - Campus de Pontevedra (A Xunqueira), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Pontevedra. Esta Exposición consta de 15 paneis, nos que se ofrece un percorrido polas diferentes teorías libertarias sobre educación e recupéranse algunhas das numerosas experiencias que ao longo da historia se levaron a cabo e seguen a se desenvolver. Complétase a Exposición con dous paneis especificamente relacionados coas experiencias pedagóxicas libertarias levadas a cabo en Galicia. A inauguración rematará cunha charla-coloquio sobre actualidade das pedagoxías libertarias nun contexto de control e dirección estatal do sistema educativo. A Exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas. |
Post date: 2010-05-07 09:04:08 Post date GMT: 2010-05-07 08:04:08 Post modified date: 2010-05-07 09:05:14 Post modified date GMT: 2010-05-07 08:05:14 |
Export date: Thu May 1 12:41:09 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |