|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/en-defensa-das-pensions/ Export date: Thu Dec 4 23:37:36 2025 / +0000 GMT |
En defensa das pensións Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas. Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora. CGT de Galicia |
|
Post date: 2013-10-25 17:27:59 Post date GMT: 2013-10-25 16:27:59 Post modified date: 2013-10-25 17:27:59 Post modified date GMT: 2013-10-25 16:27:59 |
|
Export date: Thu Dec 4 23:37:36 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |