CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/despedimentos-masivos-en-unisono/
Export date: Sat Apr 20 15:50:54 2024 / +0000 GMT

Despedimentos masivos en Unísono



A sucesión de despedimentos que se veñen producindo durante os últimos tempos en Unísono é máis que preocupante.

 

 

Para que vos fagades unha idea, Valencia pasou de ter 310 traballadores en xaneiro deste ano a 276 en maio. Xixón que era a única cidade que ata agora se librou, perderá 35 postos de traballo a próxima semana, o que supón máis dun 10% do seu cadro de persoal. O caso de Vigo é especialmente sanguento,



empezaron o ano 2011 con 926 traballadores e só 5 meses despois só quédanlles 593 dos que hai que descontar 151 indefinidos (VODAFONE E FRANCE TELECOM) que irán á rúa antes do 24 de xullo pola aplicación dun ERE, ademais, case outros tantos serán despedidos polas finalizacións de VODAFONE ADSL e FRANCE TELECOM VOZ E DATOS, total que ao finalizar este mes perderían o seu emprego dúas terceiras partes dos traballadores de Vigo.

En Madrid pasa máis do mesmo. Aos fins de obra nas campañas de TRAVEL CLUB, VODAFONE CANLE e ZENDIS hai que engadir os despedimentos por artigo 17 en GAS NATURAL, IBERDROLA e FRANCE TELECOM. pasamos de ter uns 4.250 traballadores en xaneiro de 2011 a ser agora mesmo pouco máis de 3.500, o que supón que perdemos 750 postos de traballo nun amén. A ninguén se lle oculta tampouco que estes despedimentos veñen propiciados, ademais, pola deslocalización que a propia Unísono está realizando para moitos dos seus servizos, trasladándoos a un prezo menor aos centros de Chile e Colombia.

Con todo, Unísono tivo resultados record durante o exercicio do ano pasado, obtendo beneficios limpos de po e palla por importe de 5.267.000 € (uns 1.000.000.000 das antigas pesetas) e case duplicando o que gañaron o ano 2009. Xa que logo, a empresa non vive un momento de crise económica. En absoluto. Máis ben, decidiron aproveitar o ambiente xeneral de "estamos en crise" para perpetrar profundos cambios respecto do persoal co único fin de gañar aínda máis, e facelo aínda máis rápido. Mentres nunhas provincias a empresa fai indefinidos "a dedo" noutras decide a quen deixa no paro, mentres se contrata a xente da rúa para novos ou vellos servizos.
Post date: 2011-07-07 22:49:33
Post date GMT: 2011-07-07 21:49:33

Post modified date: 2011-07-07 22:50:39
Post modified date GMT: 2011-07-07 21:50:39

Export date: Sat Apr 20 15:50:54 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com