CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/defensa-da-sanidade-publica/ Export date: Fri May 2 0:05:35 2025 / +0000 GMT |
DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA![]() Concentracións en Galicia 27 de febreiro.CGT- de Galicia fai un chamamento a todas as organizacións, colectivos e entidades do movemento social reivindicativo e ao conxunto da sociedade galega para que acudan e participen, en réxime de autoconvocatoriapara todos aqueles que sentan concernidos, das concentracións en defensa da Sanidade Pública, que terá lugar o sábado, 27 de febreiro, coincidente coas mobilizacións que terán lugar ese mesmo día e co mesmo motivo en decenas de localidades de toda España, respondendo o chamamento realizado pola Coordinadora Antiprivatizaciónda Sanidade ( CAS). "A un ano do inicio da pandemia … atopámonos de novo co sistema sanitario ao bordo do colapso en moitos territorios, o que implicará mortes evitables, que como sempre afectarán máis á clase traballadora e aos sectores excluídos" É hora de esquecer diferenzas e loitar todos unidos contra a destrución programada do Sistema Nacional de Saúde e esixir a derrogación das leis privatizadoras. En cumprimento destes obxectivos, son lemas sinalados da convocatoria en Defensa da Sanidade Pública:
Pois é esta unha cuestión que afecta a todas as persoas. Defendamos a sanidade pública, participemos nas concentracións do 27 de febreiro. Concentracións as 12 horas en:A Coruña, ObeliscoPontevedra, Praza da PeregrinaVigo, Urzaiz/Principe![]() |
Post date: 2021-02-25 14:51:25 Post date GMT: 2021-02-25 13:51:25 Post modified date: 2021-03-04 19:18:12 Post modified date GMT: 2021-03-04 18:18:12 |
Export date: Fri May 2 0:05:35 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |