CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/cronica-do-primeiro-de-maio-na-coruna-6/ Export date: Fri May 2 7:34:42 2025 / +0000 GMT |
Crónica do Primeiro de Maio na Coruña![]() Perto de 400 persoas participaron na manifestación que saíu, ás 12:30, da praza de Pontevedra, convocadas pola CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación, baixo a consigna de "A clase traballadora en loita". Percorreron a rúa de Santo Andrés e, tras subir pola rúa de Panadeiras, remataron no Campo da Leña, onde se leu o manifesto común. A animación foi a constante de toda a manifestación, na que se corearon consignas en solidariedade con Palestina, contra a militarización e a guerra, a favor da acción directa e chamamentos en solidariedade cos seis da Suiza e á loita como camiño a seguir. Houbo presenza notable de traballadoras de telemárquetin, unha nutrida representación de Correos e persoal da residencia da Xunta de Caranza, que están atravesando conflitos específicos. Comité Local da CGT da Coruña ![]() |
Post date: 2025-05-01 12:46:44 Post date GMT: 2025-05-01 12:46:44 Post modified date: 2025-05-01 12:55:56 Post modified date GMT: 2025-05-01 12:55:56 |
Export date: Fri May 2 7:34:42 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |