CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/continuan-os-paros-dos-traballadores-e-traballadoras-de-telefonica-na-coruna/
Export date: Thu Mar 28 20:45:40 2024 / +0000 GMT

Continúan os paros dos traballadores e traballadoras de Telefónica na Coruña


As movilizacións que están a desenvolver os traballadores e traballadoras do servizo O+M de Telefónica na Coruña contínúan cun seguimento de preto do cento por cento da plantilla. Trátase de paros semanais dunha hora no final de cada quenda de traballo, convocados pola CGT, xunto con CIG e AST en protesta polo plan de Actividades Locais O+M que está a desenvolver, de xeito piloto, a empresa na provincia coruñesa e que supón a externalización do servizo de mantemento, o traspase de traballadores cara outros servizos, e a modificación das condicións de traballo como gardas, quendas, ...

Nas vindeiras semanas continuarán os paros, que logo do martes 30 de decembro pasarán a ser os mércores desde o 7 de xaneiro.

Dende a CGT se está a plantar cara aos plans da empresa pra evitarmos que unha grande parte do traballo desenvolvido polo colectivo de traballadores e traballadoras de O+M sexa externalizado. Fronte á lóxica do capital que só pretende abaratar costes, procurar rendabilidade, cambiar emprego estable por precario, ... alí estarán os traballadores e traballadoras movilizados e unidos na defensa dun futuro digno.

Sección Sindical da CGT da Coruña en Telefónica
Post date: 2008-12-26 11:31:45
Post date GMT: 2008-12-26 10:31:45

Post modified date: 2008-12-26 11:33:18
Post modified date GMT: 2008-12-26 10:33:18

Export date: Thu Mar 28 20:45:40 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com