|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/concentracion-na-coruna-en-defensa-da-sanidade-publica/ Export date: Wed Dec 3 17:48:30 2025 / +0000 GMT |
Concentración na Coruña en defensa da Sanidade Pública A CGT da Coruña apoia a concentración convocada para o vindeiro xoves, 3 de setembro, ás 12 horas, na rotonda do CHUAC, demandando solución para a doente Dolores Asunción. Esta mobilización está convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública 1, da que fai parte a CGT da Coruña.O caso de Dolores Asunción é un exemplo mais que representa a milleiros de casos que todos e todas coñecemos. Dolores, con 76 anos, logo dunha caída que lle ocasionou a rotura dun xeonllo, leva 8 meses agardando atención, coa mobilidade reducida e precisando atención continua nas 24 horas do día. A pesar de ter presentado 4 reclamacións, aínda non foi incorporada á lista de agarda para ser operada. Chamamos a toda a afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar nas mobilizacións en defensa dunha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade. Comité Local da CGT da Coruña |
Links:
|
|
Post date: 2015-08-31 18:38:51 Post date GMT: 2015-08-31 17:38:51 Post modified date: 2015-08-31 18:38:51 Post modified date GMT: 2015-08-31 17:38:51 |
|
Export date: Wed Dec 3 17:48:30 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |