CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/concentracion-en-protesta-polos-despidos-de-4-represantes-sindicais-da-cgt-en-sykes-a-coruna/
Export date: Thu Mar 28 8:35:42 2024 / +0000 GMT

Concentración en protesta polos despidos de 4 representantes sindicais da CGT en Sykes - A Coruña


Mañá, día 13 de abril, mércores, ás 11:00 horas, a CGT ten convocada unha concentración ante a porta principal do Mercado de Elviña, na Coruña, enderezo actual do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

A concentración faise para denunciar o despedimento de 4 delegados sindicais da CGT nun proceso de persecución sindical por parte da empresa do telemarketing SYKES, que se adica entre outras tarefas á promoción de diversos servizos de Vodafone.

En xaneiro de 2010,  o centro que a empresa Sykes ten na Coruña contaba con mais 600 traballadores.  Hoxe, tras un ano e 3 meses, 350 traballadores e traballadoras foron despedidos mediante sucesivos ERES, aos que hai que engadir o despedimento disciplinario de 4 integrantes da Sección Sindical da CGT, que mantivo con firmeza a súa oposición aos expedentes de regulación de emprego.

Ainda que o proceso actualmente está xudicializado tanto na vía laboral como na penal (por vulneración de dereitos fundamentais), e a pesar de tódolos atrancos da empresa, os delegados e delegadas da CGT despedidos continúan a súa labor sindical no centro de traballo.

A CGT non vai a permitir a impunidade da empresa neste novo ataque aos dereitos dos traballadores e continuará mobilizándose ata conseguir a anulación dos despidos.
Post date: 2011-04-12 20:33:25
Post date GMT: 2011-04-12 19:33:25

Post modified date: 2011-04-12 20:35:19
Post modified date GMT: 2011-04-12 19:35:19

Export date: Thu Mar 28 8:35:42 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com