|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/concentracion-en-defensa-dun-ferrocarril-publico-e-social/ Export date: Thu Dec 4 6:09:09 2025 / +0000 GMT |
Concentración en defensa dun ferrocarril público e social O próximo mércores, día 29, ás 12:00 horas, terá lugar unha concentración na Estación de San Cristóbal na Coruña como resposta á intención do Ministerio de Fomento de reducir os trens de proximidade na provincia da Coruña e resto de Galicia, así como a privatización do sector ferroviario, malvendendo ou regalando o patrimonio construído entre toda a sociedade en beneficio duns poucos.Mentres o goberno está disposta a rescatar as autopistas privadas con miles de millóns de euros, vende aos mesmos ou parecidos xestores os trens pagados entre todos. A concentración está convocada por todos os sindicatos presentes nos Comités de Empresa de Renfe e Adif e é aberta a toda a cidadanía. |
|
Post date: 2013-05-24 18:25:55 Post date GMT: 2013-05-24 17:25:55 Post modified date: 2013-05-24 18:25:55 Post modified date GMT: 2013-05-24 17:25:55 |
|
Export date: Thu Dec 4 6:09:09 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |