CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/concentracion-diante-de-correos-na-coruna-en-solidariedade-cos-traballadores-e-traballadoras-en-folga-en-vigo-e-por-un-correos-publico-social-e-universal/
Export date: Tue Nov 12 7:22:35 2024 / +0000 GMT

Concentración diante de Correos na Coruña en solidariedade cos traballadores e traballadoras en folga en Vigo e por un Correos público social e universal.


Os traballadores e traballadoras de Correos están convocados a unha concentración o vindeiro día 12 de Xullo ás 9:15 horas na entrada principal do edificio da Xefatura Provincial de Correos da Coruña, na rúa Alcalde Casás, reinvindicando un servicio público de Correos, contra a eliminación de seccións de reparto, contra a represión e maila apertura de expedentes disciplinarios, amosando ademáis a sua solidariedade máis absoluta cos carteiros da Unidade de Reparto 1 de Vigo. Estos traballadores están en folga dende o pasado 4 de xuño, en protesta pola reducción dun 25% do persoal da máis importante oficina da cidade que se atopa case colapsada cun millón de obxectos en correspondencia acumulada . Correos en vez de sentarse a negocia-la solución deste conflicto que arrastra un sinnúmero de problemas económicos as empresas viguesas e cidadanía en xeral , permanece intransixente , abrindo por riba 14 expedentes disciplinarios ós carteiros en folga.
As mobilizacións dos traballadores e traballadoras continuarán en toda Galicia en defensa dun servicio público de Correos, contra a eliminación de seccións de reparto, contra a represión e maila apertura de expedentes disciplinarios, e en solidariedade cós compañeiros de Vigo e de todo o Estado que se están a mobilizar contra a política de recortes de persoal, dereitos e condicións de traballo.
Post date: 2012-07-04 20:00:52
Post date GMT: 2012-07-04 19:00:52

Post modified date: 2012-07-04 20:06:19
Post modified date GMT: 2012-07-04 19:06:19

Export date: Tue Nov 12 7:22:35 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com