CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/cgt-vigo-sera-punto-de-informacion-para-regularizacion-de-migrantes/
Export date: Wed Jul 29 7:04:17 2026 / +0000 GMT

CGT Vigo será punto de información para regularización de migrantes




O sindicato de Oficios Varios da CGT en Vigo será punto de información e tramitación no proceso de regularización de persoas migrantes.

Con motivo da aprobación do proceso de regularización extraordinaria aprobada polo Goberno do Estado Español, o sindicato de Oficios Varios de Vigo será unha entidade de información e tramitación para facilitar o acceso ao procedemento, de forma gratuíta e sen ningún tipo de contraprestación, a todas aquelas persoas que o precisen.

As canles de contacto e facilitación serán:

  1. Presencial: todos os sábados de 11.00 a 13.00 no local do sindicato (Teixugueiras, 24 entrechán, 36212, Vigo)
  2. Telemática: por medio da posta a disposición dun correo electrónico onde as persoas poidan directamente remitir a documentación escaneada co fin de tramitarlles a solicitude: regularizacion.vigo@cgtgalicia.org 1

Inda que esta reforma queda moi limitada no tempo e nos requisitos, parécenos fundamental amosar a nosa solidariedade, apoio e compromiso coas compañeiras migrantes que veñen de sufrir o racismo institucional que representa a Lei de estranxeiría, que mercantiliza as súas vidas e as priva dos dereitos máis fundamentais. É por iso que poñemos a disposición de calqueira persoa que o precise, os medios que dende esta organización sindical poidamos ofrecer.

Achegamos o folleto informativo preparado para a ocasión:

Excerpt: O sindicato de Oficios Varios da CGT en Vigo será punto de información e tramitación no proceso de regularización de persoas migrantes.
Links:
  1. mailto:regularizacion.viogo@cgtgalicia.org
  2. http://www.cgtgalicia.org/wp/wp-content/uploads/20 26/04/folleto.pdf
Post date: 2026-04-15 15:55:13
Post date GMT: 2026-04-15 15:55:13

Post modified date: 2026-05-06 17:47:26
Post modified date GMT: 2026-05-06 17:47:26

Export date: Wed Jul 29 7:04:17 2026 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com