CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/cgt-gana-a-impugnacion-das-eleccions-en-citroen/
Export date: Fri Mar 29 11:37:37 2024 / +0000 GMT

CGT GAà‘A A IMPUGNACIÓN DAS ELECCIÓNS EN CITROà‹N


O ARBITRO  DA A RAZÓN A CGT ANULANDO O PROCESO ELECTORAL, PERO A MESA, EMPRESA E SINDICATOS INSTITUCIONAIS DESOEN O DITAME E CONTINÚAN CO PROCESO.

"Por tanto se estima la reclamación interpuesta por CGT, anulándose el proceso electoral desarrollado, retrotrayéndose al momento de la entrega del censo laboral existente el día de la convocatoria de la elección de representantes sindicales". Este é o laudo, de obrigado cumprimento para as partes que se dicta o martes 26 de outubro. Non obstante e despois de tentar convencer aos representantes da Sección Sindical de Citroà«n ofrecéndolles "un novo marco de relacións entre a empresa e CGT" a Empresa, a Mesa e os sindicatos institucionais xunto co "amarillo", decidiron na mañá do mércores 28 que o proceso continuara, ignorando a resolución arbitral. Así o vindeiro venres 29 produciranse as votacións que serán inmediatamente denunciadas por CGT.

Pola súa parte CGT presentou no xulgado un requerimento para que este faga cumprir o laudo. Como esta impresentable decisión o proceso electoral na factoría de Vigo verase irrevocablemente enfangado nos tribunais de xustiza.

Dende a CGT tentamos por todos os medios que esta situación non chegara a producirse, avisamos á Mesa, a Empresa, os sindicatos institucionais e incluso ao "amarillo", pero a prepotencia sempre é mala conselleira. ¿Como un sindicato de clase sen representación no Comité ai ser capaz de recuperar a legalidade da que outros só falan? Pois si, fumos capaces, aínda que agora todos eles, Empresa, Mesa Electoral, sindicatos institucionais e "amarillos" pretenden outra vez que as leis, en Citroà«n, non teñan moito valor. Outra vez, igual que hai un mese, volvimos a aconsellarlles que non o fixeran, porque de novo, agora nos tribunais, volveremos a poñelos, a todos, no seu lugar.
Post date: 2010-10-27 23:42:16
Post date GMT: 2010-10-27 22:42:16

Post modified date: 2010-10-27 23:44:42
Post modified date GMT: 2010-10-27 22:44:42

Export date: Fri Mar 29 11:37:37 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com