A CGT de Pontevedra convoca, para o venres, día 20 de decembro, ás 19:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá de novo ante as portas de Mercadona este día. Read More
CGT Pontevedra, 10 D: Na defensa da sanidade pública
A CGT de Pontevedra-Arousa manifesta seu apoio e participa na manifestación "En Defensa da sanidade pública" que terá lugar en Pontevedra este 10 de decembro, con saída ás 20:00h, dende o Hospital Provincial. A CGT fai un chamamento a todos os seus afiliados e a toda a poboación de Pontevedra para sair á rúa e denunciar o desmantelamento e privatización dos servizos públicos, tamén os sanitarios. ¡A loita contra a política económica e social do goberno continúa!
CGT Pontevedra – Arousa
CGT Pontevedra: 1 D, Manifestación pola sentenza do Prestige
CGT – Pontevedra, a Plataforma cidadá Nunca Mais e outras organizacións sindicais, sociais e políticas convocan en Pontevedra unha manifestación para o día 1 de decembro, en protesta pola burla e inxustiza que supón a sentenza do Prestige.
Sabemos moi ben que nunca xamais foron os xuíces nin os Tribunais de Xustiza quen de facer xustiza verdadeira, pero esta sentenza a máis de inxusta, ofende a dignidade de todas aquelas persoas que sofrimos e loitamos contra a marea negra do Prestige e os seus responsables. A manifestación sairá da Praza da Ferrería, ás 12 da mañán.
CGT-Pontevedra, Comité Local
16 D: Asamblea de CGT Pontevedra por el XVII Congreso
La CGT de Pontevedra – Arousa se encuentra inmersa en un proceso de rechazo, reflexión y debate sobre todo lo ocurrido en torno al XVII Congreso (procesos pre-congresual y congresual). Read More
Manifestación en Madrid contra a destrución do ferrocarril público
O sábado, 30 de novembro, a CGT e o SF convocan unha manifestación en Madrid contra a decisión do goberno de segregar RENFE e dividr ADIF, nun proceso de desmantelamento do servizo público ferroviario cara a privatización definitiva deste servizo público, que terá como consecuencia a perda das condicións de traballo e a destrución do emprego.
A CGT de Galicia está a organizar o transporte para a asistencia á manifestación. Os interesados deberán poñerse en contacto coas sedes sindicais das distintas localidades.
CGT contra a mafia empresarial de Mercadona
A CGT de Pontevedra convoca, para este mércores, día 6 de novembro, ás 18:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá ante as portas de Mercadona este día. Read More
El Congreso de CGT en A Coruña, en los medios
LA OPINIÓN A CORUà‘A
El sindicato CGT inaugura mañana en A Coruña su XVII Congreso Confederal, con unos 400 delegados
http://www.laopinioncoruna.es/economia/2013/10/16/sindicato-cgt-inaugura-manana-coruna/772797.html
DIARIO PROGRESISTA
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.diarioprogresista.es/cgt-celebrara-su-xvii-congreso-confederal-en-a-coruna-39035.htm
GLOBELIA
XVII Congreso Confederal CGT. 17 a 20 octubre. A Coruña
http://es.globedia.com/xvii-congreso-confederal-cgt-octubre-coruna
INSURGENTE.ORG
El sindicato CGT realiza su XVII Congreso
CRÓNICA POPULAR
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.cronicapopular.es/2013/10/cgt-celebrara-su-xvii-congreso-confederal-en-a-coruna/
KAOS EN LA RED
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña De
TERCERA INFORMACIÓN
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article59079
ALASBARRICADAS
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/26527
HUMANIA.ORG
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.humania.tv/noticias/cgt-celebrar-su-xvii-congreso-confederal-en-a-corua
ANARQUISMO.NET
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.anarkismo.net/article/26319
PRESSPEOPLE
CGT celebrará su XVII congreso confederal en A Coruña
http://www.presspeople.com/nota/cgt-celebrara-xvii-congreso-confederal-coruna
CGT Pontevedra: 4 outubro, Asemblea Xeral
A CGT de Pontevedra- Arousa (Sindicato Único de Traballadores ‘Solidaridad Obrera’ de Pontevedra -CGT) celebrará Asemblea Xeral o próxímo día 4 de outubro, venres, ás 19:30 horas, para adoptar acordos definitivos para o XVII Congreso Confederal, que se celebrará na Coruña entre o 17 e o 21 de outubro próximos.
Comité Local – CGT Pontevedra-Arousa
CGT Pontevedra – XVII Congreso
Dende o 17 ata o 20 de outubro, a CGT celebrará o seu XVII Congreso na cidade da Coruña. A CGT de Pontevedra – Arousa convoca a Asemblea para decidir sobre todos e cada un dos puntos da Orde do Día, para o venres, 4 de outubro, as 19:00h, no local do sindicato en Pontevedra. Entretanto, continuarán facéndose os encontros e reunións prepararatorias de debate, que xa viñemos facendo dende finais de xullo, e que agora ampliánse a todos os luns de setembro (días 9, 16, 23 e 30), como sempre, ás 20:00h
CGT Pontevedra – Comité Local
Por unhas pensións públicas e dignas
Onte, 29 de xullo, ás 20:00 horas, militantes da CGT de Pontevedra realizaron na céntrica Praza da Peregrina, un Punto informativo, con exposición de tres paneis explicativos e reparto de panfletos, para ofrecer unha resposta, sindical e colectiva, ás intencións do goberno de desmantelar o sistema público de pensións e de modificar tanto os requisitos como os sistema de cálculo das pensións futuras, así como a desaparición do custo da vida como factor a ter en conta para a súa revalorización.
Decenas de persoas achegaronse ó Punto Informativo para debatir cos militantes da CGT de Pontevedra sobre a información aportada nos paneis e, así mesmo, cerca dun millar de transeuntes recibiron en man a documentación preparada polo Sindicato, animando a mobilización. Esta mesma acción repetirase, a principios de setembro, en outros barrios de Pontevedra e na comarca de Arousa. Polo reparto do traballo e da riqueza,
¡A loita da CGT contra a política económica e social do goberno continúa!
CGT Pontevedra-Arousa