post

Concentración diante da Mutua Fraternidad

O vindeiro mércores día 27 de xuño, ás 11 horas, terá lugar unha concentración diante da mutua Fraternidad-Muprespa (Avda. do Exército, 12), convocada polo comité de empresa de Atento, do que forma parte a CGT,  en protesta pola miserable actitude da mutua nos últimos tempos, que deixou de prestar servizos sanitarios ás traballadoras e traballadores en situación de baixa médica, para converterse nun instrumento de presión para acelerar as altas médicas sen importarlle a súa saúde.
Esta concentración forma parte das mobilizacións que están a levar a cabo as traballadoras e traballadores de Atento Coruña todos os luns con paros laborais (de 0 a 1, de 12 a 13 e de 18 a 19 horas) e concentracións diante do centro de traballo en Juan Flórez, ás 12 e ás 18 horas, para esixir o cesamento dos abusos da empresa a través de despedimentos, sancións, presións, acoso e outras agresións durante o desempeño do noso traballo.
Sección Sindical da CGT en Atento A Coruña

 

post

Mani 20X polas 23 do Bahía.

Se nos tocan a unha, tocannos a todas e non imos parar ata que se readmita ás 23 do Bahía. Continuando coa nosa xeira de mobilizacións o mércores 20 realizamos esta manifestación ata a porta do Hotel Bahía de Vigo para deixarlle ben claro a patronal hoteleira que non imos dar nin un paso atras. Contra o despedimento, as ameazas e insultos nós respondemos con máis mobilizacións nas rúas.

 

post

Concentración contra os abusos laborais na «Cafetería Pili» (Redondela)

A patrona, propietaria da «Cafetería Pili» entre outros negocios de restauración, débelles o salario ás traballadoras desde Decembro. Catro destas traballadoras denunciaron a dramática situación laboral que sofren, sen cobrar e cansas de tantos enganos, insultos e humillacións. No SMAC, a patroa volvio a ofrecer o abono da débeda en custión de días resultando ser unha promesa máis incumprida para gañar tempo ou desmoralizar ás 4 traballadoras no seu afán de facer xustiza. Para apoiar ás traballadoras da «Cafetería Pili» realizamos unha primeira concentración diante da porta desta cafeteria – panaderia solicitando á clientela deste establecemento non consumise en solidariedade coas traballadoras.

A concentración foi un éxito e desde CGT Vigo lanzámoslle unha mensaxe clara á patrona de que se non se aviene a pagar o que debe seguiremos concentrándonos na porta. As nosas únicas armas son a razón e un megáfono co que interpelar a solidariedade da sociedade.

 

post

Manifestación #As23doBahía

O Hotel Bahía negase a readmitir ás 23 traballadoras inxustamente despedidas tratandoas ademais con amenazas e insultos cada vez que elas exercen o seu dereito a protestar. Pero non as vai a facer calar, este mércores 20 ás 11h imos todas e todos en manifestación dende a Farola de Urzaiz ata a porta do Hotel Bahía Vigo. #As23doBahía

 

 

 

post

16 Xuño: CGT Pontevedra na Defensa da Sanidade Pública

A CGT de Pontevedra participará, como nas ocasións anteriores, este terceiro sábado de mes na concentración convocada por Marea Branca e a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de Pontevedra, en defensa da Sanidade Pública. A CGT chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este 16 de xuño nesta nova edición da Marea Branca, na Praza da Peregrina, ás 12,30h, en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

 

Comité Local CGT-Pontevedra

 

post

CGT Pontevedra: 16 xuño polo peche de ENCE-Elnosa

Un ano máis a CGT de Pontevedra renova o seu compromiso na defensa do medio ambiente, do traballo e a saúde e pola recuperación da Ría para o benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, participando na Marcha anual 2018 polo Peche do complexo ENCE-Elnosa na marisma de Lourizán. A manifestación sairá este sábado, 16 de xuño, ás 19,30h das Alamedas de Pontevedra e Marín, para confluir ámbalas dúas columnas diante das portas de Celulosa, na beiramar. No curso da manifestación a CGT de Pontevedra repartirá o texto "O traballo crea riqueza. O capitalismo salvaxe a destrúe. En defensa do traballo e o disfrute social da riqueza: ENCE FORA DA RÍA", coa posición de CGT -Pontevedra sobre este asunto.

Comité Local CGT-Pontevedra

 

post

Solidariedade coas despedidas no Hotel Bahía de Vigo

A CGT da Coruña fixo onte unha concentración en solidariedade coas traballadoras despedidas do Hotel Bahía de Vigo. A principios do mes de maio, a dirección deste hotel decidíu despedir a 23 camareiras de habitación e subcontratar a Nortempo, unha empresa de traballo temporal a realización destas tarefas.

Nesta ocasión concentrámonos ante o Hotel Blue da Coruña, que forma parte de Sercotel, a mesma cadea hoteleira que o Bahía, e que non se pode desentender das prácticas antilaborais dos seus socios.

A CGT da Coruña seguirá apoiando ás compañeiras de Vigo e non parará ata que sexan repostas con todos os dereitos laborais, sociais e salariais. Nin o Hotel Bahía, nin Nortempo, nin Sercotel terán descanso ata que o conflito se amañe.

SE TOCAN A UNHA TOCAN A TODAS!

HOTEL BAHÍA DESPIDE, SERCOTEL E NORTEMPO SON CÓMPLICES!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

CGT Pontevedra: Homenaxe ao doctor Luis Montes

Organizado pola CGT – Pontevedra tivo lugar este martes, 5 xuño, ás 20,00h, na Sala VerSus de Pontevedra o "Homenaxe ao doctor Luis Montes", médico, recentemente falecido, admirado defensor da sanidade pública, loitador contra as privatizacións e recortes e dende 2009 ata a súa morte Presidente federal da asociación "Derecho a Morir Dignamente". Luis Montes (Villarino de los Aires, 1949 – Madrid, 2018) foi acosado e perseguido inxustamente polas autoridades políticas e político-sanitarias da Comunidade de Madrid. O acto foi seguido por un numeroso público que desbordou a capacidade da propia Sala polo que tiveron que abrirse as portas para que todos os asistentes poidesen seguir de pé as intervencións dos ponentes: Ascensión Cambrón, Presidenta de "Derecho a Morir Dignamente" (DMD) – Galicia, Victor Pedreira, Psiquiatra, ex-xefe do Servizo de Psiquiatría en Pontevedra e Rodrigo Vázquez, representante da CGT e socio de DMD

 

Comité Local CGT Pontevedra

 

post

Caravana de concentracións polos hoteis de Vigo.

Comezamos a 4ª semana de mobilizacións cunha caravana de concentracións polos hoteis de Vigo e Coruña demandando a readmisión das 23 traballadoras despedidas do Hotel Baía de Vigo​.

O Director deste hotel, lonxe de achegarse a negociar unha solución, respondeu con ameazas de «peche patronal» e despedir ao resto do persoal, con denuncias por «agresión sonora» e encomendandose ao acoso policial ás traballadoras concentradas cada día na porta do hotel. Para aumentar a presión sobre o Hotel Baía, Nortempo e mandarlle unha mensaxe clara ao Director do hotel, ampliamos o campo de acción a todos os hoteis de Vigo que pertencen á federación de hoteis que preside o mesmo director. Non haberá tregua ata que readmitan ás traballadoras despedidas subrogandolas así a nova contrata de limpeza, Nortempo.

Ademais grazas ao apoio das e os compañeiros de CGT A Coruña estendemos a protesta a hoteis desta outra cidade galega onde Nortempo ten contratos de limpeza.

A cada ameaza ou agresión respondemos con máis mobilizaciones ata que consigamos as readmisións.