CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/campana-contra-a-precariedade-na-contratacion/
Export date: Tue Nov 12 6:30:12 2024 / +0000 GMT

Campaña contra a precariedade na contratación



O capital teno claroA CGT da Coruña está a distribuir o material editado pola organización e que se refire á precariedade na contratación laboral. Pegatinas e folletos xa se están repartindo nos centros de traballo, así como xa se están a colocar os cartaces nos taboleiros de anuncios.


Desde a CGT reivindicamos unhas políticas laborais e sociais igualitarias e un reparto do traballo e a riqueza de xeito que se satisfagan as necesidades do conxunto da poboación.


Ser novo e con formación e máis unha condea que unha situación ideal. O 66% da mocidade ten un contrato temporal cun salario baixo, 19 millóns de traballadores cobran menos de 1000 euros ao mes e 3 millóns cobran menos de 530.


A temporalidade afecta ao 47% dos traballadores e a flexibilización das condicións de Vaia papeletatraballo e o fraude na contratación fan aumentar os contratos mercantiles, a subcontratación e a figura do falso autónomo. Mulleres e inmigrantes están especialmente expostos á precariedade.


 


Ademais non podemos esquecer que todos os días morren máis de catro persoas polo incumplimento sistemático da lexislación en riscos laborais e pola precariedade das condicións nas que se traballa, sen que o Estado e a patronal fagan nada para evitalo.


 


Porque non somos lixo, organízate e loita!


 


 


 


SOV da Coruña


 


 


 

Post date: 2007-10-31 18:48:32
Post date GMT: 2007-10-31 17:48:32

Post modified date: 2007-10-31 18:56:40
Post modified date GMT: 2007-10-31 17:56:40

Export date: Tue Nov 12 6:30:12 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com